25 de nov. de 2019

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 29 de novembro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Boletín informativo.
  • Moción fonte e lavadoiro da Regueira.
  • Asuntos varios.

Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

22 de out. de 2019

Pleno Ordinario

O venres 25 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 9-7-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 26-7-2019.
  3. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  4. Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
  5. Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixo.
  6. Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
  7. Expediente 643/2018. Aprobación Proxecto de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Pontevedra-Carril-Santiago de Compostela.
  8. Expediente 170/2019. Adxudicación contrato do Servizo de Axuda no Fogar.
  9. Expediente 86/2018. Aprobación Provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
  10. Decretos da Alcaldía 1-7-2019 ao 30-9-2019.
  11. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  12. Período medio de pago 3º trimestre 2019.
  13. Escrito designación membros Comisións Informativas.
  14. Rogos e preguntas.

15 de out. de 2019

Convocatoria de dúas comisións informativas e un pleno extraordinario en 20 minutos

MESTRADO ACELERADO DE COMO COBRAR TRES DIETAS EN 20 MINUTOS!!!

O venres 18 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas, ás 21:10 h. unha reunión da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente, e ás 21:20 h. un pleno extraordinario na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:

Comisión Especial de Contas

  1. Constitución da Comisión.
  2. Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
  3. Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixos.
  4. Rogos e preguntas.

Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 19-07-2019.
  2. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  3. Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio Para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
  4. Expediente 86/2018. Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
  5. Rogos e preguntas.

Pleno Extraordinario

  1. Sorteo mesas electorais para Eleccións Xerais novembro 2019.




22 de xul. de 2019

Pleno Ordinario

O venres 26 de xullo de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 82/2019. Conta Xeral 2018.
  2. Expediente 366/2019. Designación Festas Locais 2020.
  3. Expediente 365/2019. Designación de representante no Consello da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra.
  4. Expediente 170/2019. Contratación Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
  5. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  6. Decretos da Alcaldía 01-03-2019 ao 30-06-2019.
  7. Período medio de pago 2º trimestre 2019.
  8. Designación membros Comisións Informativas Permanentes.
  9. Rogos e preguntas.

TRECE MESES DESPOIS VOLVE A CELEBRARSE UN PLENO "ORDINARIO" NO CONCELLO DE PORTAS!!!

16 de xul. de 2019

Convocatoria de dúas comisións informativas en 5 minutos

O venres 19 de xullo ás 13:00 h. e ás 13:05 h. celebrararse dúas comisións informativas na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:

  • Comisión de urbanismo, obras, servizos, vivenda, solo e medio ambiente (13:00 h.)
    1. Constitución da Comisión Informativa.
    2. Expediente 365/2019. Designación de representante no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra.
    3. Rogos e preguntas.
  • Comisión de cultura, deporte, educación, turismo, igualdade, benestar social, emprego e xuventude (13:05 h.)

    1. Constitución da Comisión Informativa.
    2. Expediente 366/2019. Designación Festas Locais 2020.
    3. Expediente 170/2019. Contratación Servizo de Axuda no Fogar.
    4. Rogos e preguntas.

4 de xul. de 2019

Pleno Extraordinario - Organización Corporación Municipal

O martes 9 de xullo de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 15-06-2018.
  2. Expediente 328/2019. Réxime sesións ordinarias Pleno.
  3. Expediente 325/2019. Creación, composición e réxime sesións ordinarias Comisións Informativas Permanentes.
  4. Expediente 326/2019. Dedicación exclusiva Alcaldía.
  5. Expediente 336/2019. Soporte electrónico para actas órganos colexiados.
  6. Expediente 327/2019. Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados.
  7. Expediente 337/2019. Asignación Grupos Políticos.
  8. Expediente 330/2019. Nomeamento representantes municipais en organismos e institucións.
  9. Expediente 329/2019. Constitución Grupos Políticos.
  10. Expediente 324/2019. Nomeamento Tenentes de Alcalde.


11 de xuño de 2019

Pleno Extraordinario - Constitución Corporación Municipal

O sábado 15 de xuño de 2019 ás 12:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Expediente 285/2019. Constitución do Concello.
Tomarán posesión os concelleiros elixidos pola veciñanza, entre eles os dous representantes do BNG, Arturo Fontán e María Gorís, e investirase o novo alcalde de Portas.

9 de xuño de 2019

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 14 de xuño ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Análise dos resultados electorais.
  • Constitución do Concello.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

6 de xuño de 2019

Pleno Extraordinario

O mércores 12 de xuño de 2019 ás 12:40 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 30-03-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 30-04-2019.

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno - Sesión Extraordinaria

O mércores 12 de xuño ás 12:35 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 01-03-2019.

24 de maio de 2019

Portas saca a concurso o servizo de axuda no fogar a un mes das eleccións, sen pasar polo Pleno e duplicando o prezo do contrato

O Partido Popular quere deixar todo atado e ben atado

En outubro de 2017 o goberno do Partido Popular do concello de Portas privatizou coa oposición do BNG o servizo de axuda no fogar, servizo que ata entón se prestaba de forma directa polo concello. A adxudicación realizouse cun prezo de contrato de 146.782,48 euros e unha duración de 24 meses.
O 15 de abril deste ano, a un mes das eleccións municipais, o concello de Portas mediante resolución de alcaldía iniciou o expediente para renovar a contratación do servizo de axuda no fogar por un período de 24 meses e un orzamento base de licitación de 355.260,67 euros, que é máis do dobre que o contrato actual.
Este inicio de expediente realízase a sabendas de que todos os partidos da oposición se comprometeron na presente campaña electoral a remunicipalizar o servizo se chegaban ao goberno. Ademais, o expediente iníciase sen someter á aprobación do Pleno da Corporación, órgano de máxima representación dos veciños e veciñas que o alcalde mantén secuestrado e que non se reúne en sesión ordinaria dende xuño de 2018.
O Partido Popular non confía en revalidar a alcaldía o próximo domingo e pretende deixar todo atado e ben atado.

O BNG esixe a paralización do expediente de contratación do servizo de axuda no fogar e denuncia o secuestro das institucións municipais por parte do Partido Popular e o seu uso partidista.

Resolución de Alcaldía de 15 de abril de 2019:


Resolución de Alcaldía de 9 de outubro de 2017:






11 de maio de 2019

10 de maio de 2019

Programa de goberno 2019







6 de maio de 2019

25 de abr. de 2019

Pleno Extraordinario

O martes 30 de abril ás 20:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 184/2019. Ratificación Decreto Alcaldía de Solicitude de Subvencións á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para Plan Concertado Servicios Sociais Básicos e Comunitarios 2019.
  2. Designación membros mesas electorais ELECCIÓNS MUNICIPAIS E AO PARLAMENTO EUROPEO do 26-05-2019.

24 de abr. de 2019

Candidatura do BNG ás eleccións municipais do 26 de maio


Esta é oficialmente a candidatura do BNG de Portas para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.
Un equipo renovado de mulleres e homes con capacidade, gañas e as ideas claras para darlle un cambio de rumbo ao concello de Portas.


Titulares
1. ARTURO NORBERTO FONTAN PEREZ
2. MARIA JOSE GORIS CARDOSO
3. ALBERTO QUINTEIRO DEL CAMPO
4. MARIA TERESA RIVAS BUCETA
5. LUIS ALONSO FARIÑA
6. XOAN XOSE CONSTENLA NOVOA
7. LAURA GARCIA GARCIA
8. MARIA DEL PILAR FARIÑA VAZQUEZ
9. REBECA MARTINEZ REDONDO
10. EVA EIRIZ PAZO
11. ALFONSO MUÑIZ VARELA

Suplentes
1. ROBERTO PREGO FONTAN
2. SARA PAZOS MANDAYO
3. RUBEN DARIO PIÑEIRO FIGUEIRAS
4. LUIS MIGUEL BUA TORRES
5. MARIA ESTHER ARES VAZQUEZ
6. CESAR SANCHEZ PEREZ
7. MARTA MARIA PAZ DIZ
8. ESTHER RODRIGUEZ GONZALEZ
9. MANUEL GONZALEZ SABARIS
10. SUSANA CUEVAS GAMEIRO

26 de mar. de 2019

Pleno Extraordinario

O sábado 30 de marzo ás 11:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 8-3-2019.
  2. Designación membros mesas electorais ELECCIÓNS XERAIS 28-4-2019.

8 de mar. de 2019

#8M O BNG Asembleas Abertas planta o pleno extraordinario convocado polo alcalde de Portas

O seguinte comunicado foille enviado ao alcalde de Portas antes do pleno convocado para o venres 8 de marzo ás 20:30h.:

Sr. Alcalde-Presidente da Corporación de Portas.
Dende o grupo municipal BNG Asembleas Abertas, non entendemos a urxencia deste pleno, dado que dende xuño de 2018, non se convocou ningún pleno ordinario e dende hai tres meses ningún extraordinario, seguramente porque a data dos mesmos coincidía con actos electorais do Partido Popular; e non se lle ocorre a vostede mellor data para convocar un pleno extraordinario urxente que o día 8 de marzo, que como todo o mundo sabe, agás vostede, é un día de loita feminista pola igualdade no que as mulleres teñen convocada unha folga xeral. Consideramos que a administración debe ser sensible co sentir da cidadanía e, o convocar este pleno no día de hoxe parécenos unha provocación ou, cando menos, unha falla de respecto polas mulleres que loitan por un trato igualitario real en tódolos ámbitos da vida: no fogar, no traballo e na rúa. Polo exposto, o grupo municipal BNG Asembleas Abertas, quere expresarlle a máis enérxica protesta pola convocatoria deste pleno na data do 8 de marzo, imbuíndo o dereito á folga ás concelleiras e aos concelleiros e, desexando exercer tal dereito en solidariedade co movemento feminista neste día mundial de loita, non asistiremos ao pleno convocado para hoxe.
Portas, 8 de marzo de 2019
Santiago Carballo Mourón
Portavoz

5 de mar. de 2019

Pleno Extraordinario

O venres 8 de marzo de 2019 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 23-11-2018.
  2. Expediente 114/2019. Adhesión ao convenio asinado entre a SGAE e a FEMP sobre uso público dos dereitos de autor.
  3. Expediente 116/2019. Orzamento exercicio de 2019.
  4. Expediente 118/2019. Regulamento do uso do galego no Concello de Portas.
  5. Expediente 135/2019. Moción do concello de Ribadumia para solicitar o recoñecemento como variedade autorizada da uva tipo Folla Redonda.
  6. Correspondencia oficial.
  7. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  8. Resolución Alcaldía delegación de funcións.
  9. Liquidación exercicio 2018.
  10. Decretos da Alcaldía do 20-11-2018 ao 31-12-2018.
  11. Decretos da Alcaldía do 1-1-2019 ao 28-2-2019.
  12. Período medio de pago 2018.
  13. Rogos e preguntas.

Dende xuño sen plenos ordinarios.
Dende mediados de novembro sen informar dos decretos de alcaldía.
Dende 1992 sen un mínimo de democracia.

28 de feb. de 2019

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno - Sesión Extraordinaria

O venres 1 de marzo ás 20:45 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 20-4-2018.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 07-09-2018.
  3. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 16-11-2018.
  4. Expediente 118/2019. Regulamento do uso do Galego no Concello de Portas.
  5. Expediente 114/2019. Adhesión ao Convenio FEMP-SGAE.
  6. Expediente 135/2019. Moción do Concello de Ribadumia para solicitar o recoñecemento como variedade autorizada de uva tipo Folla Redonda.
Unha semana despois de nós presentar unha nota de prensa denunciando o "apagamento democrático" no concello de Portas, o goberno municipal ten a ben convocarnos a unha sesión extraordinaria pola "URXENCIA DOS ASUNTOS A TRATAR", evidenciando unha vez máis a falta de respecto pola Corporación Municipal e desprezo polos procedementos democráticos.
Convocan unha reunión URXENTE para aprobar a acta dunha sesión celebrada en abril de 2018, ou para aprobar unha moción que o concello de Ribadumia lle remitiu ao concello de Portas o 1 de xuño de 2018.
Existe un acordo plenario polo cal esta Comisión debe reunirse unha vez cada 2 meses en sesión ordinaria. Levamos dende o 20 de abril de 2018 sen sesión ordinarias.
Existe un acordo plenario polo cal o Pleno debe reunirse unha vez cada 2 meses en sesión ordinaria. Levamos dende o 29 de xuño de 2018 sen sesión ordinaria.
A lei impón que os orzamentos deben de estar aprobados a 31 de decembro. Estamos a 28 de febreiro e nin hai orzamentos nin proxecto de orzamentos para o ano 2019.

22 de feb. de 2019

O Partido Popular secuestra as institucións


Sen plenos ordinarios dende xuño e sen orzamentos


O alcalde de Portas non convoca plenos ordinarios dende xuño de 2018 secuestrando o Pleno municipal, máximo órgano de representación dos veciños e veciñas, incumprindo a lei de bases de réxime local e incluso saltándose os seus propios decretos que establecen unha periodicidade de dous meses para os plenos ordinarios.


O deterioro institucional é tal que dende xuño só se celebraron dous plenos extraordinarios, chegando actualmente ao extremo de que nos últimos 3 meses Víctor Estévez non convocou ningunha comisión informativa, nin por suposto ningunha reunión da corporación local.

O BNG de Portas cualifica de “apagamento democrático” o que está a levar a cabo o Partido Popular que se nega incluso a informar á oposición dos decretos e resolucións da alcaldía. De feito a última comunicación que recibiu a oposición é de mediados de novembro.

De igual forma, o concello de Portas segue a día de hoxe, 22 de febreiro, sen orzamentos para o ano 2019. Por non haber, non hai nin sequera proxecto de orzamentos para o ano en curso.
A falta de orzamentos é outra mostra da falta de xestión, de ideas e de iniciativa dun goberno esgotado. Mentres Víctor Estévez conta os días para “librarse” da alcaldía e esquecerse de Portas, a estratexia electoral do PP pasa por esconder a parálise municipal cun apagamento informativo e de foguear ao seu candidato cunha dedicación exclusiva, excepcionalmente ben pagada e concedida unha semana despois de presentalo publicamente.

Segundo un decreto de alcaldía que fixa a periodicidade dos plenos ordinarios, hoxe debería celebrarse unha sesión, sen embargo, non se convocou porque coincide cun acto de presentación dos candidatos do Partido Popular da comarca. Exactamente o mesmo sucedeu no mes de outubro, cando a presentación do candidato do PP no concello de Portas supuxo que non se convocase o pleno ordinario correspondente. Os actos democráticos supeditados aos actos partidistas.

O BNG denuncia o secuestro das institucións municipais por parte do Partido Popular e o seu uso partidista, supeditando os máis básicos principios democráticos aos seus intereses electorais.

4 de feb. de 2019

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O venres 8 de febreiro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:
  • Situación política municipal.
  • Eleccións municipais do 26 de maio.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.