O luns 11 de febreiro ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Elección membros de mesas Eleccións Xerais Marzo/2008.
8 de feb. de 2008
Pleno Extraordinario
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
22 de xan. de 2008
Vicepresidencia da Xunta inaugura o Centro de Día
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar presidida por Anxo Quintana inaugurou o pasado luns 21 de xaneiro o Centro de Día de Portas, pertencente ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.O novo Centro de Día conta cun total de 40 prazas para persoas maiores que recibirán, preto do seu fogar, unha atención terapéutica integral en horario diúrno. Neste Centro os nosos maiores poderán combinar o feito de estar na casa co de recibir atención para estar o mellor posible. Os usuarios estarán atendidos por un equipo de nove profesionais, que foron contratados mediante un proceso selectivo público e aberto, pertencentes ao ámbito social e sanitario, como son a psicoloxía, terapia ocupacional, fisioterapia, traballo social, educación social, enfermería, xerocultura ou servizos xerais.
Xunto coa Galescola, de novo o BNG demostra coa creación deste Centro de Día en Portas a súa aposta por facer políticas sociais que melloren a calidade de vida dos veciños e veciñ
as.Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
21 de xan. de 2008
Asemblea Local do BNG de Portas
O venres 25 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea local no Centro Cultural de Romai.
Asistirá a responsable comarcal do BNG Anxos Riveiro.
Trataranse temas de política local e a planificación da campaña electoral do próximo 9 de marzo.
Rógase asistencia e puntualidade.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
16 de xan. de 2008
O BNG defende unha iniciativa conxunta dos tres grupos parlamentares galegos para demandar o mantemento do servizo na Estación de Portas
1.- O BNG aposta clara e firmemente pola creación en Galiza, por parte do Ministerio de Fomento, dun servizo ferroviario de proximidade e a súa posterior transferencia a Galiza.
2.- É necesario potenciar o ferrocarril como medio de transporte público eficiente e ecolóxico, tanto para viaxeiros como para mercadorías.
3.- A posta do servizo ferroviario de altas prestacións do Eixo Atlántico, AVE, non pode supoñer unha diminución na calidade do servizo, nin unha diminución dos servizos prestados na actualidade, senón un incremento cualitativo e cuantitativo dos mesmos.
4.- O BNG sempre mantivo a necesidade de manter o servizo na estación de Portas: presentando alegacións cando se someteu a exposición pública o estudo informativo, gobernando o PP no Estado, e coa oposición do alcalde do PP de Portas ás mesmas.
5.- O BNG presentou o 17 de decembro de 2007 unha iniciativa no Congreso sobre a necesidade de escoitar as demandas da sociedade de Portas e o mantemento do servizo na estación ferroviaria de Portas, única iniciativa ao respecto presentada nas Cortes do Estado (recordemos que estamos a falar dunha competencia do estado).
6.- O BNG defende a necesidade de que haxa unha postura unánime no Parlamento galego dos tres grupos ao respecto do mantemento do servizo na estación de Portas, xa que logo desde o noso grupo parlamentar entendemos que a figura máis acaída sería a presentación dunha iniciativa conxunta dos tres grupos parlamentares, que recolla o sentir e as demandas da coordinadora "Portas non pode perder o tren" en defensa da estación de Portas.
Publicado por BNG Portas ás 22:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
Manifestación en Defensa do Tren en Portas

Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
28 de dec. de 2007
O BNG denuncia que o PP compromete axudas estatais á aportación do 25% das Comunidades de Montes
O Estado Central concedeu subvencións para catro obras de reparación de muros no Concello de Portas por valor de 244.664,02 euros, condicionadas a un investimento pola mesma cantidade do Concello de Portas.
No pleno, o grupo de goberno do Partido Popular comprometeu a execución das obras subvencionadas a que as Comunidades Veciñais de Montes das parroquias afectadas aporten o 25% do custe total das obras. En caso de que as Comunidades de Montes non colaborasen no pagamento das obras, estas non se farían polo que o Concello de Portas deixaría de percibir as axudas estatais para reparar os danos das riadas.
A intervención do voceiro municipal do BNG, Xavier Loureiro, foi interrumpida polo Alcalde do Partido Popular cando se lle esixía que as obras subvencionadas fosen adxudicadas mediante concurso público, dicindo: “non diga vostede tonterías”. Acto seguido cortóuselle a palabra ao voceiro nacionalista, espetando o Alcalde: “porque vostede o que quere é facer o circo… e se non ten educación que a aprenda”.
O grupo municipal do BNG esixe que o Concello se comprometa a executar as obras independentemente da aportación das Comunidades de Montes, pois estas obras son competencia municipal. Tamén lamenta as formas e a actitude pouco democráticas do Alcalde popular Roberto Vázquez.
Publicado por BNG Portas ás 16:30 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
26 de dec. de 2007
Pleno Extraordinario solicitado polo grupo municipal do BNG
No outono de 2006 produxéronse as peores riadas en moitos anos no Concello de Portas producindo graves desperfectos en camiños, muros e terrapléns.
O Ministerio de Administracións Públicas por medio da Dirección Xeral de Cooperación Local concedeu subvencións para catro obras de reparación de muros no Concello de Portas por valor de 244.664,02 euros, condicionadas a un investimento pola mesma cantidade do Concello de Portas.

Ante esta situación o grupo municipal do BNG esixe que se executen todas as obras subvencionadas mediante adxudicación en concurso público para a libre concorrencia de empresas constructoras.
Publicado por BNG Portas ás 14:33 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
