O domingo 30 de xaneiro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.
27 de xan. de 2011
Asemblea local de Portas
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
13 de xan. de 2011
O alcalde de Portas será xulgado antes das eleccións por evadir impostos
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Noticias en prensa
11 de xan. de 2011
Piden catro anos de cárcere para o alcalde de Portas por declarar pagamentos inexistentes da súa empresa
La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2011.
O fiscal acúsao dun delito de falsidade e outro contra a facenda pública
Cando aínda non se cumpriron os dous meses da absolución de Roberto Vázquez dun delito de negociacións prohibidas aos funcionarios, ao alcalde de Portas, do PP, abríuselle outra fronte xudicial. Neste caso, a Fiscalía de Pontevedra impútalle un delito de falsidade en documento mercantil, polo que solicita dous anos de cárcere e 5.400 euros de multa, e un segundo cargo contra a facenda pública, polo que pide igual tempo de prisión e o abono dunha sanción de trescentos mil euros.
En canto á responsabilidade civil, o ministerio público sostén que o rexedor deberá indemnizar ao Estado con 151.432 euros que se corresponderían «coa cantidade defraudada».
A este respecto, afírmase que Roberto Vázquez foi unha das persoas que constituíu no 2000 a empresa Pazos Souto 2000 Unipersoal, aínda que un lustro máis tarde «se transformou en unipersoal quedando como único socio e administrador» o acusado. Tendo como obxecto social a promoción inmobiliaria de vivendas coa súa construción, reparación e conservación, o fiscal pontevedrés mantén que no exercicio fiscal do 2005 presentou un declaración-liquidación polo imposto de sociedades que «non obedecía ás reais operacións económicas da mesma».
Caso Forteventura
Neste sentido, sostén que «os gastos foron incrementados de forma inxustificada, declarando uns gastos realizados por empresas que, en realidade, eran inexistentes». A este respecto faise alusión directa a dúas promocións de 77 vivendas na illa de Forteventura, onde se declararon unha serie de pagamentos a outras dúas empresas que supostamente nunca se consumaron.
De feito, a acusación mantén que Roberto Vázquez chegou a crear «as facturas e xustificantes de pagamento emitidos [...] coa finalidade de diminuír a base impoñible resultante».
O fiscal chega a esta conclusión tras confirmar que «ambas as sociedades non podían realizar os traballos que se din efectuados, pois desde o ano 2002 carecían de traballadores para poder realizalos». A isto súmase que nos dous seguintes exercicios, no 2003 e o 2004, as firmas deixaron de «presentar declaracións tributarias e de operacións con terceiras persoas», mentres que un ano despois volveron presentalas, aínda que «exclusivamente manteñen relacións comerciais con Pazos Souto 2000». Curiosamente, nas súas declaracións recóllense «uns gastos que cobren os ingresos que se din recibidos» pola empresa de Roberto Vázquez. Consecuentemente, «nada ingresan na facenda pública».
Non acaban aquí as presuntas irregularidades detectadas pola Fiscalía. Así, o administrador das dúas empresas de Forteventura presentou a declaración do imposto de sociedades de ambas do exercicio do 2006 cando falecera o 13 de febreiro do ano anterior, «polo que non puido presentalas, asinando, en consecuencia, alguén por el».
O ministerio público pontevedrés engade que Pazos Souto 2000 participou noutras promocións «cuxa contabilidade non era correcta». Dáse o paradoxo de que, neste caso, «a corrección beneficia á obrigada tributaria [a empresa] pois suporá unha diminución da base impoñible do imposto». E é que, na promoción Villajuán, «detectouse a existencia dunhas maiores existencias que as declaradas, o que supón un maior custo de venda».
A acusación pública conclúe matizando que non se cuestiona que as obras non sexan realizadas realmente, «senón que non o foron polas empresas que se sinalan como construtoras e ás que se di abonar os gastos que posteriormente se deducen».
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Noticias en prensa
7 de xan. de 2011
Asemblea local de Portas
O domingo 9 de xaneiro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
27 de dec. de 2010
Pleno ordinario
O xoves 30 de decembro ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
Publicado por BNG Portas ás 13:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
16 de dec. de 2010
Asemblea local de Portas
O sábado 18 de decembro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no local da Antiga Camara Agraria en Portas.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
25 de nov. de 2010
A Escola Infantil de Portas ten cortes eléctricos a diario
A Escola Infantil de Portas, que pertence á rede de Galiña Azul, soporta cortes no subministro eléctrico practicamente a diario. A deficiente conexión eléctrica coa rede exterior provoca os cortes, que implican que deixe de funcionar o sistema de calefacción, que os nenos e nenas estean en penumbra nas aulas e, o que é peor de todo, que nin sequera se lles poida quentar a comida, polo que aos máis cativos, que non poden tomar outra cousa que non sexa biberón, non se lles poidan dar as tomas nas horas que lles corresponde.
Esta situación non é nova, xa que se repite practicamente dende que se puxeron en funcionamento as instalacións. O Concello de Portas que é o responsable do mantemento, é coñecedor desta situación, pois son numerosas as queixas da dirección da Escola e dos pais e nais. Tamén son habituais os cortes eléctricos no Centro de Día.
Ante estas deficiencias, o Concello de Portas, en lugar de resolver os problemas de conexión coa rede eléctrica exterior, puxo un remendo cun grupo electróxeno que está a funcionar dende a lo menos abril de 2009, cun custo de 700€/mensuais, o cal supón 14.000€ acumulados dende entón. En calquera caso, o problema non se resolveu, e ademais o remendo, que debería ser algo provisional, está a producir unhas cargas enormemente gravosas para as maltreitas arcas municipais.
Esta situación de pasividade do goberno municipal do PP tamén se repite na nova depuradora de auga potable que subministra á traída municipal nas parroquias de Lantaño, Portas e Romai. Estas instalacións están a funcionar dende outubro de xeito provisional tamén cun xerador de gasoil ante a falla dunha conexión acaída coa rede eléctrica. A crise das algas tóxicas no río Umia foi o detonante para que unhas obras que estaban rematadas a principios de ano puidesen poñerse en funcionamento, pero dun xeito absolutamente chapuceiro.
O Bloque Nacionalista Galego esixe que se resolva de xeito inmediato e definitivo o subministro eléctrico da Escola Infantil, do Centro de Día e da depuradora de auga potable da traída municipal.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa