5 de out. de 2011

Convocatoria urxente da asemblea local de Portas


Mañá xoves 6 de outubro ás 19:30 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Tratarase a subida de taxas que o Partido Popular pretende aprobar o próximo venres en pleno extraordinario.
Rógase asistencia e puntualidade.

14 de set. de 2011

Asemblea local de Portas


O domingo 18 de setembro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Trataranse temas de política local, plan de traballo futuro e eleccións do 20N.
Rógase asistencia e puntualidade.

13 de set. de 2011

Nin se liquidan as contas de 2010 nin se aproban os orzamentos de 2011

A día de hoxe, 13 de setembro de 2011, o Concello de Portas nin liquidou as contas do ano 2010, nin aprobou os orzamentos do ano en curso 2011.
As consecuencias desta neglixente xestión económica do grupo de goberno do Partido Popular son extremadamente graves.
Portas é un dos 24 concellos (dos 315 de toda Galiza) que non cumpriron cos prazos da Lei de Economía Sostible, e agora ábreselle un novo prazo extraordinario ata finais do presente mes de setembro para informar da súa situación económica. Se novamente o concello incumpre a obriga legal de informar da situación das contas municipais, o Estado retería as cantidades que lle ingresa mensualmente, poñendo en perigo incluso as nóminas dos empregados municipais.

La Voz de Galicia, 13 de setembro de 2011.

12 de set. de 2011

Acto público do BNG sobre a Reforma da Constitución

Acto público do BNG no que se exporá a súa posición política sobre a Reforma da Constitución.


INTERVIRÁN: Anxos Riveiro (responsable local), Olaia Fernández (deputada no Congreso) e Guillerme Vázquez (Portavoz Nacional do BNG).
LUGAR: Sala de conferencias do centro social de Novacaixagalicia, Pontevedra.
DATA: xoves, 15 de setembro.
HORA: 20:30 h.

24 de ago. de 2011

Pleno ordinario

O venres 26 de agosto ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Ratificación acordo Xunta de Goberno Local do 5 de maio de 2011. Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais.
3. Constitución Xunta de Goberno Local. Acta Xunta de Goberno Local de 19 de xullo de 2011.
4. Solicitude á Xunta de Galicia da cesión de edificio do antigo SENPA sito no lugar de Estación.
5. Recoñecemento resolucións da Alcaldía.
6. Rogos e preguntas.

3 de ago. de 2011

Aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Romai

O 29 de xullo publicouse no DOG a resolución do 23 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se anuncia a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Romai (Portas, Pontevedra).

Pinchar para ampliar

27 de xul. de 2011

O BNG non é responsable da colocación da "Estreleira" no Centro Cultural de Romai

As ameazas do Alcalde de Portas non nos amedrantan


Onte 26 de xullo, apareceu colocada unha “estreleira” (bandeira galega cunha estrela vermella) na fachada do Centro Cultural de Romai. O Alcalde de Portas responsabilizou ao BNG da colocación.
Sen embargo, nin o BNG de Portas nin ningún dos seus membros son responsables deste suceso.
O Alcalde de Portas mostrando a súa infinita ignorancia confunde a “estreleira” cunha bandeira do BNG. Igual que a bandeira española non pertence ao Partido Popular, a “estreleira” é un símbolo que supera o ámbito dun simple partido político.
O Alcalde de Portas actúa irresponsablemente cando acusa SEN PROBAS, pero ademais minte porque asegura que a bandeira estivo na fachada do Local Social durante a celebración da “35ª Festa do Viño de Romai” o cal é absolutamente falso. A bandeira apareceu colocada o martes 26 de xullo, mentres que as festas se celebraron os días 23 e 24 do mesmo mes.
Ademais, no escrito que Roberto Vázquez dirixe á presidenta da “Asociación Cultural Xosefina Figueroa” asegura que paralizará subvencións concedidas por outras administracións.  O BNG rexeita estas ameazas  e considera que esta forma de actuar resulta despótica, caciquil e irracional.
Deberían retirárselle subvencións ao Concello de Portas se algún vándalo coloca unha bandeira calquera na Casa do Concello?

O Bloque Nacionalista Galego lamenta a irresponsable actuación do Alcalde de Portas por acusar en falso ao BNG e ao seu voceiro da colocación dunha “estreleira” no local social do Centro Cultural de Romai. Pedímoslle a Roberto Vázquez que a animadversión e o odio que mostra cara o BNG sexan substituídos por cordura e sensatez.
Escrito do Alcalde á Presidenta da Asoc. Cult. Xosefina Figueroa
Pinchar para ampliar