13 de out. de 2011

Convocatoria da asemblea local de Portas


O domingo 16 de outubro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Trataranse os seguintes temas:
- repartición dos talonarios de lotaría do Nadal,
- aprobación pola asemblea dun novo boletín informativo,
- elaboración do bosquexo da carta para a recollida de sinaturas con motivo da suba das taxas municipais.
Rógase asistencia e puntualidade.

12 de out. de 2011

Convocatoria urxente da asemblea local de Portas


Mañá xoves 13 de outubro ás 20:30 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Trataranse os seguintes temas:
- estratexia de traballo ante a brutal subida de taxas e impostos aprobada polo Partido Popular,
- aprobación pola asemblea dun novo boletín informativo,
- orzamentos ano 2011 (que se pretenden aprobar en pleno extraordinario ao día seguinte).
Rógase asistencia e puntualidade.

10 de out. de 2011

Pleno extraordinario


O venres 14 de outubro ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Moción municipal en favor da custodia compartida.
3. Orzamento municipal 2011.

5 de out. de 2011

Pleno extraordinario


O venres 7 de outubro ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga.
3. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos.
4. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa de rede de sumidoiro.
5. Aprobación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
6. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenza de apertura de establecementos.
7. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización das instalacións deportivas municipais.
8. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa por licenzas e servizos urbanísticos.
9. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa de expedición de documentos administrativos

Convocatoria urxente da asemblea local de Portas


Mañá xoves 6 de outubro ás 19:30 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Tratarase a subida de taxas que o Partido Popular pretende aprobar o próximo venres en pleno extraordinario.
Rógase asistencia e puntualidade.

14 de set. de 2011

Asemblea local de Portas


O domingo 18 de setembro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria en Portas.
Trataranse temas de política local, plan de traballo futuro e eleccións do 20N.
Rógase asistencia e puntualidade.

13 de set. de 2011

Nin se liquidan as contas de 2010 nin se aproban os orzamentos de 2011

A día de hoxe, 13 de setembro de 2011, o Concello de Portas nin liquidou as contas do ano 2010, nin aprobou os orzamentos do ano en curso 2011.
As consecuencias desta neglixente xestión económica do grupo de goberno do Partido Popular son extremadamente graves.
Portas é un dos 24 concellos (dos 315 de toda Galiza) que non cumpriron cos prazos da Lei de Economía Sostible, e agora ábreselle un novo prazo extraordinario ata finais do presente mes de setembro para informar da súa situación económica. Se novamente o concello incumpre a obriga legal de informar da situación das contas municipais, o Estado retería as cantidades que lle ingresa mensualmente, poñendo en perigo incluso as nóminas dos empregados municipais.

La Voz de Galicia, 13 de setembro de 2011.