21 de ago. de 2012

Noticia do xornal El País: "El alcalde de Portas será juzgado el jueves por fraude fiscal y falsedad documental"


El regidor pidió el adelantamiento de la vista tras reconocerse autor de los delitos que se le imputan

A petición de los abogados del alcalde de Portas, Roberto Vázquez, el juzgado número 3 de Pontevedra ha aceptado adelantar la fecha del juicio de conformidad contra el regidor para el jueves, casi un mes antes de lo previsto y después de un año de retrasos en la tramitación del procedimiento. Será juzgado en base a los términos del acuerdo que alcanzó con la Fiscalía de Pontevedra y la Agencia Tributaria, que lleva implícito su reconocimiento de los presuntos delitos de fraude fiscal y falsedad documental, el pago de la cuota defraudada de 151.000 euros y el 65% de 305.400 euros de multas.
Roberto Vázquez
A cambio, los abogados de Vázquez negociaron una rebaja de las condenas, además de asegurar su permanencia en el cargo con la no aplicación de la pena accesoria de inhabilitación contemplada en el escrito de acuasación del fiscal, que se limitará al ejercicio de administración de empresas durante los nueve meses de prisión a que han quedado reducidas ambas condenas y que el acusado no cumplirá al carecer de antecedentes penales.
En principio, las fuentes consultadas esperan cerrar el proceso conforme al acuerdo de conformidad aceptado por Hacienda, aunque en la vista podrían decidirse algunos cambios propuestos por la defensa como el pago aplazado de la sanción y el tipo de interés que se aplicará.
Roberto Vázquez se enfrenta a su segundo proceso judicial de su dilatada carrera política   el primero, por negociaciones prohibidas a funcionarios, fue archivado ya apartado de las filas del PP, en el que milita desde hace casi dos décadas. La aceptación de los delitos y el hecho de que saldrá de este juicio con antecedentes penales motivaron a dirigentes del PP para forzar su salida del partido en julio. Al alcalde le han seguido en esta aventura los seis concejales de su equipo de gobierno, que pasarán a formar un grupo independiente. La suya es una "baja provisional", según la carta de renuncia que el alcalde dirigió al presidente provincial, Rafael Louzán, que la aceptó "mientras se aclara su situación".

14 de ago. de 2012

Novo boletín informativo - Agosto 2012

O BNG de Portas edita un novo boletín informativo (Nº 9 # 2ª etapa # Agosto de 2012), que comezará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.

Despois de vinte anos, que temos en Portas?
Temos un Alcalde defraudador confeso.
Temos un Concello na ruína.
Temos promesas incumpridas e obras innecesarias.
Temos as consecuencias dunha xestión neglixente.
Temos un grupo do BNG que loita por algo mellor para Portas.




Podes descargar o boletín en PDF dende aquí.



6 de xul. de 2012

Rolda de prensa

DÍA: Hoxe, venres, 6 de xullo
HORA: 17:30 h.
LUGAR: Local do BNG - Pontevedra
TEMA: Actualidade no concello de Portas
FALARÁN:
                     Arturo Fontán (Portavoz do BNG en Portas)
                     Teresa Rivas (concelleria do BNG en Portas)
                     Rafael Ruibal (concelleiro do BNG en Portas)

30 de xuño de 2012

Noticia do xornal La Voz de Galicia: "O alcalde de Portas queda só"

La Voz de Galicia, 20 de xuño de 2012

Ao asumir un delito fiscal, podería verse obrigado a dimitir
O alcalde de Portas, no 2007, o día da súa investidura.

Hai municipios indisolublemente unidos a un personaxe. A alguén que, polas súas extravagancias, as súas aventuras ou os seus méritos, adquiriu a condición de actor principal na historia recente do concello en cuestión. Portas é un deles. ¿O protagonista? O seu alcalde, Roberto Vázquez, un peculiar político que rexeu os destinos do pequeno concello pontevedrés durante os últimos vinte anos con man de ferro. Un rumbo que podería cambiar bruscamente en breve se prospera a acusación por delito fiscal que lle imputan a Fiscalía e a Avogacía do Estado en representación da Axencia Tributaria (AEAT).
O seu caso garda paralelismos co de Gerardo Conde Roa, o exalcalde santiagués forzado a dimitir despois de que asumise un delito fiscal. A defensa de Roberto Vázquez remitiu unha proposta de acordo á Fiscalía e ao Avogado do Estado segundo a cal aceptaría os feitos dos que se lle acusa: un delito contra a facenda pública pola falta de pagamento de 151.452 euros en concepto de tributos da sociedade Pazos Souto 2000, da que é administrador único, e outro de falsidade documental.
A oferta coa que o rexedor quere resolver este asunto obrigaríao a devolver a cantidade defraudada e os intereses, pagar unha multa de 98.443 euros e as costas dos avogados do Estado, así como outras sancións menores. Para iso, puxo incluso como garantía un inmoble cuxo valor de tasación ascende a 300.500 euros. Fuentes xudiciais precisaron onte que o caso está próximo á súa solución porque tanto a Fiscalía como a AEAT están polo labor de aceptar a proposta do rexedor, algo que previsiblemente podería sustanciarse en setembro.
Roberto Vázquez pretende resolver o caso por esta vía, pero é precisamente este desenlace o que podería dar ao traste coa súa actual condición. A presión social desde fóra de Portas para que abandonase o cargo sería maiúscula ao asumir que defraudou impostos, algo así como o que lle ocorreu a Conde Roa. Certo é que, de portas dentro, o diagnóstico xa non parece tan claro. Explicábao onte con crueza un veciño: «Son vinte anos de goberno, dun xeito moi peculiar de facer política, son moitos favores. É que incluso fixo moitas obras para o pobo cos seus propios cartos...».

Ética e transparencia

Máis aló dos apoios internos, o certo é que a dirección do partido na provincia non ve con bos ollos que continúe se asume os cargos por unha cuestión de ética e transparencia. E cando chegue o momento, todo indica que lle pedirán que pase a un segundo plano. Algún recado xa lle mandaron por vía interna, aínda que polo momento Roberto Vázquez non se dá por aludido.
A súa sucesión, en calquera caso, non estaría resolta, xa que o rexedor monopolizou a xestión municipal de tal forma nos últimos anos que son poucos os concelleiros do seu grupo con percorrido para afrontar a misión de sucedelo.
Onte, no pobo, un veciño apostaba abertamente incluso por un órdago do alcalde e construtor. «Non vai ser doado botalo da alcaldía. Ten metido moito tempo neste concello como para marchar así ás boas». Quen sabe se será esa a penúltima contribución de Vázquez á historia de Portas...

26 de xuño de 2012

Pleno ordinario

O venres 29 de xuño ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Delegación no ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación dos ingresos derivados da taxa de sumidoiros.
3. Ratificación da resolución da Alcaldía sobre axudas do Plan Concertado.
4. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
5. Rogos e preguntas.

12 de xuño de 2012

Pleno Extraordinario

O venres 15 de xuño ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Modificación ordenanza reguladora pola taxa de utilización das instalacións deportivas municipais.
3. Ordenanza reguladora da taxa por visita á cheminea da Azucreira e sala de exposicións.

8 de xuño de 2012

Convocatoria da asemblea local de Portas

O domingo 10 de xuño ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria de Portas.
Trataranse os seguintes temas:
- estratexia de traballo municipal,
- imputación por fraude fiscal do alcalde,
- varios.
Rógase asistencia e puntualidade.