- Manifestar o apoio da Corporación Municipal á proposición de lei de medidas para a creación de emprego en Galiza que está a impulsar por iniciativa lexislativa popular a Confederación Intersindical Galega e dar traslado do mesmo á presidencia do Parlamento de Galiza, portavoces parlamentares e presidente da Xunta de Galiza.
- Animar á veciñanza do noso concello a apoiar esta iniciativa lexislativa popular.".
22 de abr. de 2014
Moción da CIG sobre Proposición de Lei, por Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), de medidas para a creación de emprego en Galiza
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
25 de feb. de 2014
Pleno ordinario
O venres 28 de febreiro de 2014 ás 14:50h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación actas sesións anteriores.
2. Aprobación ordenanza municipal do servizo de axuda no fogar do Concello de Portas.
3. Aprobación ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Portas.
4. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
5. Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
23 de xan. de 2014
Convocatoria da asemblea local de Portas
O domingo 26 de xaneiro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria de Portas.
Asuntos a tratar:
- Planificación, organización e ampliación do grupo.
- Organización dunha cea ou comida.
Rógase asistencia e puntualidade.
Como sempre, están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
30 de dec. de 2013
Pleno Extraordinario
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
23 de dec. de 2013
Pleno ordinario
O venres 27 de decembro de 2013 ás 14:50h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Expediente recoñecemento extraxudicial de crédito.
3. Alegación contra a aprobación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos.
4. Aprobación definitiva ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de resíduos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, se procede.
5. Informes da Alcaldía.
6. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
18 de dec. de 2013
Pleno Extraordinario para analizar o PXOM de Portas
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
16 de dec. de 2013
Alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal
- Proceso de elaboración do PXOM: non houbo ningún tipo de participación veciñal no proceso de redacción e tramitación do PXOM e hai unha cantidade desproporcionada de erros na cartografía, o parcelario e a propia redacción da documentación, o cal se debe en gran parte á ausencia de participación dos veciños que terían evitado e corrixido moitos dos erros que agora invalidan un documento impropio dun traballo que se supón técnico. Na alegación solicítase corrixir a cartografía, o parcelario, o catálogo de patrimonio e os documentos integrantes do PXOM, así como a eliminación de falsidades e opinións interesadas ou tendenciosas.
- Núcleos rurais: o concello de Portas é totalmente rural (o único ascensor que existe no concello está nun miradoiro nunha cheminea) e en lugar de potenciar os núcleos rurais que é a forma de asentamento propia do concello, forzan a súa redución para concentrar a edificabilidade na zona da Estación-Azucreira. Solicítase potenciar os núcleos rurais, considerar distintos tamaños de parcela mínima en función do núcleo a considerar e aumentar a edificabilidade mentras o permitan os límites legais de consolidación, que están moi lexos de ser acadados.
- Zona urbana: o PXOM pretende crear artificialmente unha zona urbana e urbanizable, a costa da terra e os cartos dos propietarios, e en prexuizo do resto do concello ao reducirse a edificabilidade nos núcleos. Fundamentalmente, solicítase transformar o solo urbanizable da Estación en núcleo rural común.
- Polígonos industriais: o PXOM pretende crear dous polígonos industriais que o BNG entende están situados en lugares inadecuados. Solicítase eliminar os dous polígonos industriais.
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados








