5 de xuño de 2015

Pleno Extraordinario

O mércores 10 de xuño de 2015 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  • Punto único. Aprobación acta sesión anterior.

Aplaudimos que por fin, despois de 23 anos de negativa por parte de Roberto Vázquez e o PP, se celebre un pleno a unha hora razoable para que poidan acudir os veciños e veciñas interesados. Lástima que o contido do pleno sexa intrascendental.

4 de xuño de 2015

Nota de prensa

O BNG-ASEMBLEAS ABERTAS DE PORTAS INICIA UNHA RONDA DE CONTACTOS ANTES DA CONSTITUCIÓN DO NOVO GOBERNO MUNICIPAL

Mañá venres 5 de xuño, unha delegación do BNG-Asembleas Abertas manterá senllas reunións coas outras dúas forzas políticas que obtiveron representación na corporación municipal.
O BNG-Asembleas Abertas acudirá a estas reunións, solicitadas tanto por PP como por VUP, a escoitar as súas propostas, que posteriormente serán trasladadas á asemblea local.
Para esa mesma noite xa está convocada unha asemblea aberta na que os presentes serán informados do contido destes contactos, e de seguido proceder a establecer a posición política cara ao pleno de investidura do día 13 de xuño.

2 de xuño de 2015

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O venres 5 de xuño ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai.

Asuntos a tratar:

  • Comunicación e información á asemblea dos contactos mantidos con outras forzas políticas.
  • Posición de BNG-Asembleas Abertas de cara ao pleno de investidura do día 13 de xuño.


Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

27 de maio de 2015

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O venres 29 de maio ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai.

Asuntos a tratar:

  • Avaliación e análise dos resultados electorais.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

20 de maio de 2015

Proposta do programa de goberno: Roteiro Domingo Fontán


O BNG-Asembleas Abertas aposta pola creación dun roteiro que percorra as catro parroquias de Portas, enlazando o Camiño Portugués a Santiago (Briallos), o sendeiro Currucho-Umia (realizado pola Comunidade de Montes de Lantaño) e o Camiño das Peixeiras (Romai).

O roteiro recibirá o nome de Roteiro Domingo Fontán, en honor ao persoeiro máis ilustre do noso concello. Con esta proposta preténdese dinamizar turisticamente o concello, á vez que se fomentan hábitos saudables e se potencia a figura de Domingo Fontán como emblema de Portas.


Lucho, gran coñecedor e primeiro alcalde democrático de Portas, preséntanos xunto a Santi Carballo o Camiño das Peixeiras ao seu paso por Romai.

15 de maio de 2015

Pleno Extraordinario

O martes 19 de maio de 2015 ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta sesión anterior.
  2. Aprobación conta xeral exercizo 2014.
A cinco días das eleccións municipais 2015 e polo tanto a 5 días de perder as eleccións e a maioría absoluta, Roberto Vázquez e o resto de ex-PP pretenden aprobar a conta xeral do ano 2014. Este é o espíritu democrático de VUP (Veciños Unidos de Portas).