18 de abr. de 2016

Convocatoria ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 22 de abril de 2016 ás 20:30 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta da sesión ordinaria do 18/12/2015.
  2. Portal da transparencia.
  3. Adhesión á asociación grupo de desenvolvemento rural do Salnés.
  4. Rolda de intervencións.

28 de mar. de 2016

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O venres 1 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai.

Asuntos a tratar:

  • Recuperación do tren na estación de Portas.
  • PXOM.
  • Orzamentos municipais 2016.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

23 de feb. de 2016

Pleno Ordinario

O venres 26 de febreiro de 2016 ás 19:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de 26/12/2015.
  2. Dación de conta de Decretos e Resolucións da Alcaldía.
  3. Mocións:
    1. Moción presentada polo Grupo Municipal BNG-Asembleas Abertas sobre periodicidade das sesións das comisións informativas.
    2. Outras:
      1. Moción presentada por ANOVA UMIA e BNG-Asembleas Abertas de Portas sobre o Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia.
  4. Rogos e preguntas.
Unha vez máis non se tivo en conta a opinión do BNG-Asembleas Abertas para a concreción da orde do día e os temas que se deberían tratar neste pleno ordinario. O alcalde, en minoría, segue impoñendo a súa vontade sen diálogo e incumprindo sistematicamente os compromisos adquiridos.
Un pleno absolutamente baleiro de contido se non fose polas dúas mocións presentadas pola oposición. Un goberno en minoría que lle sustrae ao Pleno todas as decisións.

18 de feb. de 2016

Moción para establecer a periodicidade das sesións ordinarias da "Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno"


Hoxe xoves 18 de febreiro, o BNG-Asembleas Abertas ven de presentar unha moción no rexistro do concello para demandar o establecemento dunha periodicidade preestablecida das sesións ordinarias da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno.
A creación desta Comisión, demanda do BNG-Asembleas Abertas, foi aprobada no Pleno do 28 de agosto. O compromiso do alcalde e do grupo de goberno foi a de convocar esta Comisión unha semana antes de cada Pleno ordinario e no mesmo horario, sen embargo, dos tres últimos plenos ordinarios só foi convocada unha vez, nin se convocou en outubro nin se convocou para o de febreiro. 
A lei de Bases de Réxime Local e o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locias establecen que este tipo de Comisións funcionan en réxime de sesións ordinarias de periodicidade preestablecida.
Dado que o Pleno non acordou a periodicidade da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno e non se cumpre o compromiso verbal do Alcalde, o BNG-Asembleas Abertas presenta esta moción para evitar no futuro a arbitrariedade na convocatoria da Comisión por parte do grupo de goberno.

30 de xan. de 2016

Moción sobre o anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia

En nome da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Anova Umia e o BNG-Asembleas Abertas presentan unha moción conxunta no concello de Portas para manifestar o seu rexeite ao anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia presentado pola Consellería do Mar.



8 de xan. de 2016

Estado lamentable do reformado pavillón de Romai

Estado lamentable do pavillón de Romai despois dunha rehabilitación que custou 388.965,63€ (custe dos proxectos técnicos non incluídos).


A Deputación licitou a reforma mediante procedemento aberto por 372.348,24€ o 6 de febreiro de 2011 (presentáronse 24 ofertas). A adxudicación realizouse o 20 de xullo de 2012 á empresa "Obras y Construcciones Sostenibles S.L." (con domicilio social no Grove) por 290.431,28€, é dicir, cun 22% de baixa con respecto ao importe de licitación. O prazo de execución era de 18 meses.
As obras estiveron paralizadas en 2013 por un reformado do proxecto para incluír o reforzamento das cerchas do tellado. Modificado que a Deputación aprobou o 5 de setembro de 2013 por 42.065,35 €.
Posteriormente, decidiuse poñer caucho flexible no chan cun custe de 56.469€.
A obra RE-inaugurouse oficialmente o 11 de xullo de 2015 (incluíndo placa co nome do recén investido alcalde). Non se cumpriron os prazos de execución e o resultado, salta á vista, é moi decepcionante, porque nada parece ter cambiado respecto das fotos que o BNG publicou en 2009.

O financiamento das obras procedeu 100% da Deputación:
a. Libre disposición da presidencia: 129.799,12€.
b. Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011: 160.632,16€ (esta cantidade primeiro foi destinada para a "climatización de piscina municipal", pero dada a súa "inviabilidade económica" decidiuse cambiarlle o destino).
c. Plan de Investimentos e Gastos Correntes 2012: 42.065,35€ (un plan de 2012 pero cun gasto aprobado en setembro de 2013...).
d. Plan Provincial de Obras e Servizos 2015: 56.469€.

Na foto apréciase como a auga e a humidade está a producir caídas de pintura e manchas nas paredes e grietas no chan.

Algún político asume algún tipo de responsabilidade? Ou só dan a cara para re-re-re-inaugurar?

31 de dec. de 2015

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O sábado 2 de xaneiro ás 20:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai.

Asuntos a tratar:


  • Orzamentos municipais 2016.
  • Reparto boletín informativo. 

Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.