22 de out. de 2019

Pleno Ordinario

O venres 25 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 9-7-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 26-7-2019.
  3. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  4. Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
  5. Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixo.
  6. Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
  7. Expediente 643/2018. Aprobación Proxecto de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Pontevedra-Carril-Santiago de Compostela.
  8. Expediente 170/2019. Adxudicación contrato do Servizo de Axuda no Fogar.
  9. Expediente 86/2018. Aprobación Provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
  10. Decretos da Alcaldía 1-7-2019 ao 30-9-2019.
  11. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  12. Período medio de pago 3º trimestre 2019.
  13. Escrito designación membros Comisións Informativas.
  14. Rogos e preguntas.

15 de out. de 2019

Convocatoria de dúas comisións informativas e un pleno extraordinario en 20 minutos

MESTRADO ACELERADO DE COMO COBRAR TRES DIETAS EN 20 MINUTOS!!!

O venres 18 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas, ás 21:10 h. unha reunión da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente, e ás 21:20 h. un pleno extraordinario na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:

Comisión Especial de Contas

  1. Constitución da Comisión.
  2. Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
  3. Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixos.
  4. Rogos e preguntas.

Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 19-07-2019.
  2. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  3. Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio Para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
  4. Expediente 86/2018. Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
  5. Rogos e preguntas.

Pleno Extraordinario

  1. Sorteo mesas electorais para Eleccións Xerais novembro 2019.




22 de xul. de 2019

Pleno Ordinario

O venres 26 de xullo de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 82/2019. Conta Xeral 2018.
  2. Expediente 366/2019. Designación Festas Locais 2020.
  3. Expediente 365/2019. Designación de representante no Consello da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra.
  4. Expediente 170/2019. Contratación Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
  5. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  6. Decretos da Alcaldía 01-03-2019 ao 30-06-2019.
  7. Período medio de pago 2º trimestre 2019.
  8. Designación membros Comisións Informativas Permanentes.
  9. Rogos e preguntas.

TRECE MESES DESPOIS VOLVE A CELEBRARSE UN PLENO "ORDINARIO" NO CONCELLO DE PORTAS!!!

16 de xul. de 2019

Convocatoria de dúas comisións informativas en 5 minutos

O venres 19 de xullo ás 13:00 h. e ás 13:05 h. celebrararse dúas comisións informativas na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:

  • Comisión de urbanismo, obras, servizos, vivenda, solo e medio ambiente (13:00 h.)
    1. Constitución da Comisión Informativa.
    2. Expediente 365/2019. Designación de representante no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra.
    3. Rogos e preguntas.
  • Comisión de cultura, deporte, educación, turismo, igualdade, benestar social, emprego e xuventude (13:05 h.)

    1. Constitución da Comisión Informativa.
    2. Expediente 366/2019. Designación Festas Locais 2020.
    3. Expediente 170/2019. Contratación Servizo de Axuda no Fogar.
    4. Rogos e preguntas.

4 de xul. de 2019

Pleno Extraordinario - Organización Corporación Municipal

O martes 9 de xullo de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 15-06-2018.
  2. Expediente 328/2019. Réxime sesións ordinarias Pleno.
  3. Expediente 325/2019. Creación, composición e réxime sesións ordinarias Comisións Informativas Permanentes.
  4. Expediente 326/2019. Dedicación exclusiva Alcaldía.
  5. Expediente 336/2019. Soporte electrónico para actas órganos colexiados.
  6. Expediente 327/2019. Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados.
  7. Expediente 337/2019. Asignación Grupos Políticos.
  8. Expediente 330/2019. Nomeamento representantes municipais en organismos e institucións.
  9. Expediente 329/2019. Constitución Grupos Políticos.
  10. Expediente 324/2019. Nomeamento Tenentes de Alcalde.


11 de xuño de 2019

Pleno Extraordinario - Constitución Corporación Municipal

O sábado 15 de xuño de 2019 ás 12:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Expediente 285/2019. Constitución do Concello.
Tomarán posesión os concelleiros elixidos pola veciñanza, entre eles os dous representantes do BNG, Arturo Fontán e María Gorís, e investirase o novo alcalde de Portas.

9 de xuño de 2019

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 14 de xuño ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Análise dos resultados electorais.
  • Constitución do Concello.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.