Temos á venda lotaría do nadal, se alguén está interesado/a podedes poñervos en contacto persoalmente con calquera dos membros do grupo municipal do BNG de Portas, ou a través do noso correo electrónico, blog ou páxina de Facebook.
29 de nov. de 2020
24 de nov. de 2020
Pleno Extraordinario
O venres 27 de novembro ás 21:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Expediente 611/2020. Aprobación do Plan de Acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Portas (PACES).
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
21 de nov. de 2020
Convocatoria Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente
O luns 23 de novembro de 2020 ás 13:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión de Urbanimos, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Expediente 611/2020. Aprobación Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Portas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
27 de out. de 2020
Pleno Ordinario
O venres 30 de outubro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 31-01-2020.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria de 10-03-2020.
- Aprobación da acta da sesión ordinaria de 31-07-2020.
- Expediente 48/2020. Conta Xeral 2019.
- Expediente 530/2020. Designación Festivos Locais 2021.
- Proposta de Resolución: MOCIÓN EN DEMANDA DE INFORMACIÓN A RESPECTO DO ACCIDENTE QUÍMICO NA EMPRESA FORESA DE 12/09/2020.
- Proposta de Resolución: MOCIÓN EN DEMANDA DE MELLORAS NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO PARA PALIAR OS EFECTOS DA COVID-19.
- Proposta de Resolución: MOCIÓN PARA A REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA SANITARIA E A RECUPERACIÓN DA ATENCIÓN PRESENCIAL NO CENTRO DE SAÚDE DE PORTAS.
- Dación Decretos de Alcaldía do 28-07-2020 o 27-10-2020.
- Período Medio de Pago 3º Trimestre 2020.
- Documentación Plan Concellos 2018-2019.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
20 de out. de 2020
Moción en Demanda de Melloras nos Centros Educativos do Concello para paliar os efectos da COVID-19
- construción moi urxente dun novo patio cuberto no CPI Domingo Fontán, que serva á vez de lugar resgardado do alumnado durante a espera para subir aos autobuses na saída da xornada escolar e de patio de xogos para os días de choiva, dado que os actuais espazos cubertos do centro son insuficientes para manter separados os “grupos burbulla” nos recreos,
- colocación dunha dobre porta na entrada da escola infantil da Azucreira, para evitar que cada vez que acceda un pai ou nai a traer ou levar un neno ou nena se produzan correntes de aire e a conseguinte perda de calefacción,
- melloras nas Escolas Unitarias de Romai e Lantaño, con substitución das portas, marcos, mobiliario e restantes elementos de madeira que están deteriorados, ademais do remate das obras improvisadas e incompletas levadas a cabo na Escola de Romai cando xa se iniciara o presente curso,
- renovación dos baños da parte vella do CPI Domingo Fontán durante o próximo período de vacacións de verán de 2021.
- realizar os trámites oportunos moi urxentes para a construción inmediata dun novo patio cuberto no CPI Domingo Fontán,
- colocar unha segunda porta na entrada principal da Escola Infantil da Azucreira,
- cambiar os elementos deteriorados de madeira das Escolas Unitarias de Lantaño e Romai,
- renovar os baños do CPI Domingo Fontán.
Publicado por BNG Portas ás 18:30 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
Moción para a Reactivación da Asistencia Sanitaria e a Recuperación da Atención Presencial no Centro de Saúde de Portas
- Realizar de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria para dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial, co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos, para garantir unha atención sanitaria digna á poboación. Establecer protocolos claros e unificados para a atención presencial de doentes para toda a Atención Primaria.
- Aumentar no Centro de Saúde de Portas o número de profesionais que sexa preciso para permitir aumentar o tempo e a calidade da atención asistencial.
- Aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria até chegar ao 25%, no inmediato 200 millóns de euros.
- Modificar o Decreto que regula as Áreas e os Distritos Sanitarios para crear unha estrutura de xestión da Atención Primaria con capacidade de decisión, orzamentaria e de recursos humanos.
- Publicar de inmediato a situación das listas de espera hospitalarias e poñer en marcha un plan de choque para reducilas.
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
Convocatoria Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude
O venres 23 de outubro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
Publicado por BNG Portas ás 17:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas









