O venres 13 de xuño ás 9:00 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
10 de xuño de 2025
Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
8 de abr. de 2025
Pleno Ordinario
O venres 11 de abril ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2025/1 de 31/01/2025.
- Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.
- Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
- Proposta de resolución: Moción do BNG esixindo transparencia do goberno municipal e a entrega da documentación solicitada dende xullo de 2023.
- Proposta de resolución: Moción grupo socialista de Portas referente ao proxecto ALTRI.
- Moción do grupo municipal popular do Concello de Portas para propoñer que a antiga casa consistorial, actualmente en proceso de rehabilitación, leve o nome de "Concepción Pérez Iglesias", primeira alcaldesa de Galicia.
- Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2025-0025 de 28/01/2025 ao nº 2025-0120 de 07/04/2025.
- Dación conta da Liquidación do orzamento do exercicio 2024 e do Informe de avaliación da estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
1 de abr. de 2025
Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente
O venres 4 de abril ás 21:10 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2024/3 de 03/12/2024.
- Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de Concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
Convocatoria Comisión Especial de Contas
O venres 4 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2025/1 de 24 /01/2025.
- Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con Remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
28 de xan. de 2025
Pleno Ordinario
O venres 31 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2024/9 de 25/10/2024.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria anterior PLN/2024/10 de 09/12/2024.
- Expediente 41/2025. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 01/2025.
- Expediente 55/2025. Adhesión e aprobación do borrador dos estatutos da Asociación de Concellos afectados pola estrada de peaxe AP9.
- Proposta de Resolución: Moción do BNG de apoio á celebración do ano Castelao en 2025.
- Dación conta dos Decretos de Alcaldía do nº 2024-0334 de 22/10/2024 ao nº 2025-0024 de 27/01/2025.
- Dación conta do Período Medio de Pago 4º trimestre 2024 e Morosidade 2024.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
24 de xan. de 2025
Convocatoria Comisión Especial de Contas
O venres 24 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2024/6 de 3 de decembro de 2024.
- Expediente 41/2025. Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 01/2025.
- Expediente 55/2025. Adhesión e aprobación do borrador dos estatutos da Asociación de Concellos afectados pola estrada de peaxe AP9.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 11:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
4 de dec. de 2024
Pleno Extraordinario
O luns 9 de decembro ás 9:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Expediente 641/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2025.
- Expediente 636/2024. Aprobación da primeira modificación do organigrama e Relación de postos de traballo do Concello de Portas.
- Expediente 361/2024. Adscrición dunha superficie de 10.057 m2 da parcela con referencia catastral 36040A308000340000OM con destino á instalación dunha Base Integral de Unidades Operativas (BUO) no Concello de Portas.
- Expediente 681/2024. Alteración da cualificación xurídica do predio coa referencia catastral 36040A00200038 afectación ao dominio público.
- Expediente 590/2024. Rectificación do Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Portas. Parcela inventariada coa orde de inventario 187 e orde de grupo 010413004 nomeada Eiravella.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas








