20 de abr. de 2011

Pleno extraordinario

O mércores 27 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
Punto único: Formación das mesas electorais con motivo das eleccións locais do 22 de maio de 2011.

Compromisos do BNG fronte ás mentiras do PP (2ª parte): Pavillón de Romai

O pavillón foi construído en 1986 polos veciños e veciñas de Romai.
Dende o ano 1992 (ano en que o PP se fixo co goberno municipal grazas a unha moción de censura apoiada nun tránsfuga do PSOE) o concello non fixo ningún tipo de mantemento nas instalacións, agora en estado ruinoso.
Se quentan a auga, tamén teremos piscina climatizada en Romai.
En decembro de 2008 o BNG solicitou que o pavillón se arranxase a cargo do PLAN E. O Partido Popular negouse.
En febreiro de 2009 o BNG presentou unha moción solicitando o arranxo urxente do pavillón. Moción que se aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado ese mesmo mes.
O 31 de agosto de 2009 o PP aprobou o orzamento do ano 2009 no que se contemplaba unha partida de 30.000€ para arranxar o pavillón. Dende entón o concello non fixo absolutamente nada. Onde están os 30.000€?
O BNG denunciou a situación ruinosa do pavillón en numerosas ocasións:

O que o PP non fixo en 19 anos de goberno, agora en campaña electoral prometen que o van a arranxar xa! Por favor, que non nos mintan máis!
O Bloque Nacionalista Galego comprométese a arranxar de forma urxente e a reformar o pavillón de Romai para dotar as instalacións dunha adecuada funcionalidade. Tamén nos comprometemos a crear unha pista polideportiva en Briallos, que é a única parroquia que a día de hoxe non ten ningún tipo de instalación deportiva.

19 de abr. de 2011

Compromisos do BNG fronte ás mentiras do PP (1ª parte): Piscina Municipal

En abril de 2007, coincidindo coa campaña electoral, o PP aseguraba que a piscina climatizada estaría rematada a "principios de verán" de 2007.

En decembro de 2010, outra vez en precampaña electoral, o PP asegura que está "próxima a apertura da Piscina Municipal", chegando incluso a solicitar demandantes de emprego para o posto de socorrista. Estamos en abril de 2011, 5 meses despois, e as obras seguen igual que estaban en decembro pasado.
A piscina climatizada de Caldas de Reis é deficitaria e suponlle un custo anual ao concello de 56.000 euros, a pesares de ser explotada por unha empresa privada mediante concesión, que evidentemente se queda con todos os ingresos por abonos e entradas. Estes gastos non incluén arranxos e modificacións, que tamén son a cargo do concello.
Portas, coa cuarta parte de poboación que Caldas, ten unhas instalacións sen rematar, que custaron centos de miles de euros, e que non ten os medios para poñer a funcionar.
Que o Partido Popular propoña sufragar os gastos da piscina climatizada con abonos de socios (120€/anuais) de todas as casas habitadas do concello (800 casas), só se pode cualificar de ocorrencia e improvisación sen sentido.
O Bloque Nacionalista Galego comprométese a establecer mecanismos de participación directa dos veciños e veciñas de Portas na definición das prioridades nos orzamentos municipais. A veciñanza será consultada para executar os seus propios intereses e non os intereses particulares de gobernantes cegados polo seu propio ego, que non distinguen o importante do accesorio. Un miradoiro na cheminea da Azucreira ou unha piscina climatizada non son prioridades.

18 de abr. de 2011

Candidatura do BNG de Portas

Candidatura do BNG de Portas ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio


Titulares:
1. Arturo Norberto Fontán Pérez (Romai).
2. Rafael Ruibal Pereira (Briallos).
3. María Teresa Rivas Buceta (Lantaño).
4. Juan Diego Paz Diéguez (Portas).
5. Susana Fariña Mella (Portas).
6. María Esther Ares Vázquez (Lantaño).
7. María Río Rial (Briallos).
8. Xulia Tarrío Gens (Romai).
9. Raúl Lorenzo Castro (Briallos).
10. Xosé Manuel Abalo Rivas (Lantaño).
11. Josefa Castro Chaves (Romai).

Suplentes:
1. Manuel Flores Ortigueira (Briallos).
2. Miguel Diz Fontán (Portas).
3. Xosé Antonio Maquieira Torres (Lantaño).
4. María Susana Antón Mandaio (Romai).
5.María Isabel Ríos Balado (Portas).
6. María do Pilar Fariña Vázquez (Briallos).
7. Xosé Carlos Méndez Souto (Lantaño).
8. Noelia Costoya Rosende (Romai).
9. Alfonso Fontán Piñeiro (Portas).
10. Juan López Louro (Briallos).

15 de abr. de 2011

Cea-Xuntanza do BNG de Portas

Porque non todo ten que ser traballar, o próximo sábado 30 de abril xuntarémonos para cear, falar e distraernos un pouco das preocupacións e olvidarse da crise.
A cea, á que estades tod@s convidad@s, celebrarase no Lugar da Santiña (Paco Feixó).

MENÚ:

Aperitivos variados:
- Empanada de croques con masa de millo.
- Empanada de xoubiñas con masa de trigo.
- Salpicón de marisco.
- Bocartes en vinagre.
- Croquetiñas de grelos con chourizo.
- Boliños de bacallao.
Peixes (elexir un):
- Bacallao ao forno, ou lombo de atún á xardiñeira.
Carnes (elexir un):
- Rabo de tenreira estofado, ou carrillada de porco guisada.
Postre:
- Leite frito con crema de laranxa.
Viños da terra e auga, ou cervexa/refresco.
Café e chupito de licor.
PREZO: 20 euros.
LUGAR: Lugar da Santiña (Portas).
DATA: sábado, 30 de abril de 2011.
HORA: 21:30h.

IMPORTANTE: Confirmar asistencia antes do día 24 de abril.

P.D.: sabemos que a cea coincide co gran mitin de Rajoy na praza de touros de Pontevedra, así que teredes que decidir cal é a vosa prioridade...

12 de abr. de 2011

O BNG denuncia que o Alcalde de Portas mantén a cesión a dedo do edificio da Azucreira en contra da resolución do Valedor

Incluso cando a concesión irregular rematou o 31 de marzo
O nome do beneficiario do contrato e a súa sinatura
mantéñense ocultos deliberadamente.

Con data de 31 de marzo de 2009 o alcalde de Portas, Roberto Vázquez, sen licitación ou poxa pública, autorizou a cesión de uso das instalacións municipais do edificio da Azucreira en exclusiva a unha persoa particular para que explote nelas un bar-cafetería (documento emitido polo Concello de Portas, nº 434 de data 2 de abril de 2009). Con esta cesión, o PP executou unha cacicada e unha concesión a dedo intolerable.
En maio de 2010, ante a negativa do grupo de goberno a revogar esta cesión irregular, o BNG presentou unha queixa ao Valedor do Pobo.
En novembro de 2010, o Valedor do Pobo resolveu a favor das teses do BNG formulándolle ao sr. Alcalde o seguinte recordatorio de deberes legais: “De conformidade co establecido no artigo 78 do Regulamento de Bens das Corporacións locais de 30 de xuño de 1986, o Concello de Portas debe iniciar a tramitación do expediente administrativo procedente para adxudicar o disfrute e aproveitamento das instalacións existentes no edificio municipal da Azucreira mediante unha licitación pública. Con todo, o Alcalde segue a negarse a revogar a cesión, e tampouco emite un informe sobre dita resolución, a pesares de que o Valedor llo reclamou ata en catro ocasións.
Cando xa parecía que a actuación do Alcalde non podía ser máis dolosa, resulta que o concesionario segue a explotar economicamente as instalacións municipais de forma exclusiva a pesares de que a autorización irregular rematou o pasado 31 de marzo (tiña validez por un ano, prorrogable ata dous).


O Bloque Nacionalista Galego denuncia a vontade deliberada do Alcalde de Portas de cometer esta adxudicación a dedo a sabendas da súa ilicitude e esixe que se convoque unha poxa pública de forma inmediata.


Cabodano de "Keko"

O próximo sábado 16 de abril de 2011 celebrarase unha misa polo aniversario do falecemento do noso compañeiro Jorge Fernando García Pampín "Keko" ás 18:00h na igrexa parroquial de Santa María de Portas.