O domingo 17 de xullo o BNG de Portas organiza unha comida-xuntanza na Illa de Cortegada.
Pepucho fai de barqueiro e pon a barca.
Cada un pon a súa comida e a súa bebida. Logo xa compartiremos.
Están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s do BNG de Portas, coa única limitación de que o barqueiro "dea feito" a cruzar...
Non hai escusa válida: boa compañía, lugar idílico, ganas de festa, piscina xigante,...
Para anotarse, avisade cun correo, unha chamada ou falando con calquera dos "habituais": Arturo, Rafa, Teté, Pepe, Pepucho, Pili, María, Juan, ...
24 de xuño de 2011
Comida-xuntanza na Illa de Cortegada
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
7 de xuño de 2011
Sesión de Investidura
O vindeiro sábado 11 de xuño ás 11:00 h. celebrarase no salón de plenos da Casa do Concello de Portas a sesión constitutiva da corporación municipal e elección de Alcalde.
Neste acto, os representante electos do BNG tomarán posesión da súa acta de concelleiros :
- Arturo Norberto Fontán Pérez (Arturo),
- Rafael Rubial Pereira (Rafa), e
- María Teresa Rivas Buceta (Teté).
O BNG de Portas quere convidar a todos os amigos e amigas a este acto de investidura. Estaríamos moi contentos de contar coa vosa compaña.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
5 de xuño de 2011
Pleno extraordinario
O mércores 8 de xuño ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
1 de xuño de 2011
Asemblea local de Portas
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
23 de maio de 2011
Agradecemento e felicitacións
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
19 de maio de 2011
O Partido Popular incumpre as ordes do alcalde en relación coa pegada de carteis electorais
| Marquesina na Ponte (Romai) en fronte da casa do candidato do PP e na entrada do parque biosaudable. |
| Marquesina na praza de Xagobe (Romai). |
| Marquesina en Avioso (Romai). |
| Marquesina na Costa (Romai). |
| Carteis do PP pegados con cola nas portas do pavillón de Portas. Os do PSOE están pegados con cinta adhesiva. |
| Marquesina no Outeiriño (Briallos). |
Publicado por BNG Portas ás 19:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
O concello de Portas non ten cartos nin para manter a finca da Azucreira
| A herba medra sen control. |
- a herba e as silveiras medran sen control,
- as escombreiras e os depósitos de terra atópanse por todos lados,
- o local social está sendo explotado economicamente por unha persoa particular sen concesión pública,
- a escola infantil e o centro de día subminístranse dun xerador eléctrico,
- a piscina climatizada municipal leva un ano paralizada,
- o miradoiro da cheminea pechado,
- ...
As arcas municipais están baleiras e o pasado luns 9 de maio o grupo de goberno tivo que pedir outro anticipo urxente de 350.000€ á Deputación de Pontevedra para poder pagar soldos dos empregados municipais e os gastos correntes.
| O PP usa a finca da Azucreira como vertedoiro. |
| Materiais de construción abandonados xunto á piscina. |
Non nos podemos permitir luxos supérfluos e innecesarios como unha piscina climatizada e un miradoiro nunha cheminea.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados