21 de set. de 2012

Pleno extraordinario

O mércores 26 de setembro as 14:50h celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación actas sesións anteriores.
2. Nomeamento membros mesas electorais (Eleccións Parlamento de Galicia 2012).

28 de ago. de 2012

Pleno Extraordinario

O venres 31 de agosto ás 15:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Condena de Roberto Vázquez Souto por fraude fiscal e falsidade documental.
2. Moción contra as recentes medidas económicas e reforma do réxime local do goberno central.

Pleno ordinario

O venres 31 de agosto ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Escrito grupo Partido Popular do concello.
3. Orzamento municipal 2012.
4. Aprobación conta xeral exercizo 2011.
5. Coñecemento resolucións da Alcaldía.
6. Rogos e preguntas.

27 de ago. de 2012

Suplemento do boletín informativo - Agosto 2012

Debido ao adianto do xuízo de conformidade, o BNG de Portas publica este suplemento ao boletín informativo que se editou o pasado 14 de agosto, actualizando a información.

24 de ago. de 2012

O BNG solicita un Pleno Extraordinario do Concello de Portas para reprobar ao alcalde

Portas conta xa coa triste honra de ter un alcalde condeado por fraude fiscal e falsidade documental. Certo que xa se sabía que era un defraudador, mesmo antes que el mesmo o recoñecese, pero a súa condea efectiva é un feito gravísimo que merece a reprobación de toda a Corporación Municipal de Portas.

O BNG é consciente que Roberto Vázquez contou e conta co apoio do PP e do seu Presidente Provincial. Non en vano Roberto Vázquez encabezou a candidatura desta forza política nas últimas municipais, cando xa se coñecía a súa faceta delitiva.

Diante desta situación, o Grupo Municipal do BNG vén de solicitar a convocatoria dun Pleno Extraordinario con dous puntos na orde do día:


1) A reprobación do Alcalde, condeado por fraude fiscal e falsidade documental.

2) Moción do BNG contra as medidas económicas e reforma do réxime local do goberno do PP.






23 de ago. de 2012

Noticia da web Economiadigital.es: "El alcalde de Portas condenado por fraude fiscal y falsedad documental"


Roberto Vázquez Souto deberá pagar máis de 315.000 euros para evitar o cárcere

Roberto Vázquez Souto, alcalde de Portas
O alcalde do concello pontevedrés de Portas, Roberto Vázquez Souto, foi condenado polos delitos de falsidade documental e fraude contra a Facenda Pública, recoñecidos polo acusado, nun xuízo onde a súa defensa, a Avogacía do Estado, e a fiscalía chegaron a un acordo.

A Axencia Tributaria estableceu o prazo de dous anos para pagar máis de 315.000 euros, cuantía correspondente ás multas, o importe fixado como responsabilidade civil e o que sustitúe ás penas de prisión por ambos delitos.

A pena leva aparellada a inhabilitación para administrar sociedades, pero non influirá no cargo público que ostenta como alcalde do municipio pontevedrés.

Neste sentido, o fiscal Augusto Santaló explicou que "cometeu os delitos en calidade de administrador dunha sociedade e nesa calidade foi xulgado". Por elo, a inhabilitación que se lle aplica non afecta ao seu cargo como rexedor municipal porque "o delito foi cometido no ámbito empresarial, non como alcalde nin como funcionario público", precisou Santaló.

Vázquez Souto goberna dende fai cinco lexislaturas o municipio de Portas e é un dos alcaldes do Partido Popular que máis se perpetuou no cargo. A pena afecta á súa actividade ao fronte da promotora inmobiliaria Pazos Souto 2000 S.L. por evadir impostos e falsificar documentos a tal efecto. Solicitou formalmente a baixa provisional no Partido Popular durante o mes de xullo.

Desglose

Roberto Vázquez chegou aos Xulgados de A Parda sobre as 10.10 horas, vinte minutos antes da hora fixada para o comezo da vista, que non comezou ata as 11.50 horas e durou apenas 10 minutos.

Polo delito continuado de falsidade documental, a condena acordada supón 3 meses de prisión, inhabilitación para exercer o cargo de administrador de sociedades durante o mesmo período e multa de 6 euros diarios durante tres meses.

En canto ao delito contra a Facenda Pública, a pena de prisión ascende a seis meses, o mesmo tempo que se lle inhabilita como administrador de sociedades, unha multa de 98.443,90 euros e a privación para obter subvencións e desgravacións fiscais durante un ano e tres meses. A condena contempla que Roberto Vázquez terá que pagar 151.462,15 euros en concepto de responsabilidade civil, máis 52.353,32 euros de intereses e as costas, de 9.133,20 euros.

A letrada do despacho Garrigues Abogados, que representaba a Roberto Vázquez, solicitou que as penas de prisión se substitúan polo pago dunha multa que supera os 3.000 euros, a razón de 6 euros diarios durante 18 meses. O fiscal, Augusto Santaló, non se opuxo a esta petición porque o acusado "non ten antecedentes".

Rebaixa

Así, a condena imposta suón unha rebaixa con respecto á proposta do escrito de acusación, que solicitaba 2 anos de prisión e outros dous de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo, así como 12 meses de multa cunha cota diaria de 15 euros polo delito de falsidade; e dous anos de cárcere, dous de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo, multa de 300.000 euros e perda do dereito a recibir beneficios ou incentivos da Seguridade Social durante cinco anos.

Noticia do xornal El País: "Condenado o alcalde de Portas por falsidade e un delito contra Facenda"

El País, 23 de agosto de 2012

Vázquez deberá pagar 98.400 euros de multa, 203.000 de indemnización a Facenda e 9.000 de costas procesais

O alcalde de Portas, Roberto Vázquez, foi condenado esta mañá a pagar 315.000 euros por un delito contra a Facenda Pública ao evadir impostos na súa empresa construtora e falsificar documentos a tal fin.

O xuízo de conformidade celebrouse finalmente pasadas as 11.30 horas, despois de que fiscalía, abogacía do Estado e defensa do rexedor alcanzasen un acordo. O desglose das penas detalla que Vázquez deberá pagar 98.400 euros de multa, 203.000 de indemnización a Facenda e 9.000 de costas procesais.

A condena tamén impoñía dúas penas de prisión, de tres meses pola falsidade documental e de 6 meses polo fraude, que a defensa logrou substituír -contra o criterio do avogado do Estado- por unha multa de 18 meses a razón de seis euros ao día, un total de 3.700 euros que evitarán que Vázquez entre en prisión.

O fiscal responsable do caso, Augusto Santaló, comentou ao termo do xuízo que a condena lle parece "razoable" porque se "asegurou a satisfación de responsabilidades civís, costas e gastos derivados do procedemento", e que se rebaixou a pena solicitada inicialmente ao aplicarse a atenuante de reparación do dano causado.

A condena leva aparellada igualmente unha pena de inhabilitación para administar sociedades, pero non influirá na súa situación política porque o delito "non o cometeu como alcalde nin como funcionario público". Vázquez pediu, xunto aos seus concelleiros en Portas, a baixa provisional no PP o pasado xullo.