26 de ago. de 2014

Pleno ordinario

O venres 29 de agosto de 2014 ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación actas sesións anteriores.
  2. Expediente recoñecemento créditos extraxudiciais 1/2014.
  3. Coñecemento resolucións alcaldía.
  4. Rogos e preguntas.
Unha definición curta e simple de "recoñecemento extraxudicial de crédito" é "o mecanismo legal para pagar facturas polas que se contraíron obrigas sen consignación orzamentaria", ou en linguaxe máis común: "mecanismo para pagar facturas no caixón de cousas ou servizos que o alcalde mandou comprar pero sen ter os cartos para pagalas".

19 de ago. de 2014

IV Comida-Xuntanza na Illa de Cortegada

O próximo sábado 30 de agosto o BNG de Portas celebra unha comida-xuntanza na Illa de Cortegada.

Cada un leva a súa comida e a súa bebida e logo alí compartimos. Tod@s @s amig@s do BNG de Portas estades convidad@s.

Quedamos no peirao de Carril a partires das 11:00h. O "barqueiro" terá que facer varias viaxes, así que non hai problema en chegar máis tarde (ás 12, 13h, ...).

O plan é darse un bañiño (os que queiran) na praia antes de comer. Despois da comida: sesta, paseo pola illa (45'), praia e desfrutar da compañía.



No caso improbable de que chovese, buscamos un sitio cuberto para comer e seguimos coa festa... o importante é xuntarse!

26 de xuño de 2014

Convocatoria da asemblea local de Portas

O domingo 29 de xuño ás 11:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria de Portas.

Asuntos a tratar:

- PXOM. Modificacións introducidas a través de alegacións.
- Plan de traballo.

Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

24 de xuño de 2014

Plenos Extraordinario e Ordinario

O venres 27 de xuño celebraranse dous plenos na casa do concello, o primeiro Extraordinario ás 11:00 h. e o segundo Ordinario ás 14:50 h. coas seguintes ordes do día:

Pleno Extraordinario (11:00 h.):
Único punto: Alegacións presentadas ao acordo de aprobación inicial do PXOM.

Pleno Ordinario (14:50 h.):
1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Informe da Presidencia.
3. Moción para reclamar a gratuidade dos libros de texto e demais material curricular.
4. Recoñecemento resolucións da Alcaldía.
5. Rogos e preguntas.

11 de xuño de 2014

Pleno Extraordinario

O venres 13 de xuño ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do concello coa seguinte orde do día:

1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Orzamento municipal 2014.

Máis "cachondeo" municipal. O grupo de goberno ex-PP pretende aprobar os orzamentos do ano 2014 cando xa se consumiu a metade do ano, sen aprobar previamente a Conta Xeral de 2013 e sen convocar a Comisión Especial de Contas.

3 de xuño de 2014

Moción do BNG reclamando a gratuidade dos libros de texto e demais material curricular

O grupo nacionalista de Portas presentará mañá no rexistro do concello unha moción para denunciar o forte recorte nas axudas á adquisición de material escolar por parte da Consellería de Educación para o vindeiro curso académico, tal e coma se manifesta na Orde do pasado 28 de maio. Se nos anos anteriores as axudas estaban destinadas a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario, desta volta unicamente se permite a adquisición de libros de texto.

Obrigando ás familias, que pola súa situación económica reúnen os requisitos para percibir unha axuda (en Portas o paro alcanza o 50%), a asumir este vindeiro curso o custo económico da compra de dicionarios, cadernos de traballo, libros de lectura, ...

Esta Orde do 28 de maio pon en evidencia o fracaso da política educativa do Sr. Núñez Feijóo nos seus anos de goberno. Argumenta falsamente cando usa a desculpa da crise para cambiar o sistema de préstamo de libros do goberno bipartito, por un que supuxo un maior custo económico, beneficiando a un número menor de familias. Agora volve retomar a idea do banco de libros que no seu día rexeitou.

Estamos claramente diante doutro paso mais na política de empobrecemento sistemático das familias por parte dos gobernos central e galego, facéndonos responsables e pagadores dun malgasto de cartos do que son culpables e, veces abondo, beneficiarios.

O grupo nacionalista de Portas demanda ao Pleno Municipal a instar á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.



14 de maio de 2014

Convocatoria de asemblea local de Portas

O sábado 17 de maio ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria de Portas.

Asuntos a tratar:

- Organización do grupo.
- Planificación de traballo cara as eleccións municipais 2015.

Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

Rógase puntualidade para que a reunión non se alongue demasiado na noite...