15 de maio de 2015

Pleno Extraordinario

O martes 19 de maio de 2015 ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta sesión anterior.
  2. Aprobación conta xeral exercizo 2014.
A cinco días das eleccións municipais 2015 e polo tanto a 5 días de perder as eleccións e a maioría absoluta, Roberto Vázquez e o resto de ex-PP pretenden aprobar a conta xeral do ano 2014. Este é o espíritu democrático de VUP (Veciños Unidos de Portas).

8 de maio de 2015

29 de abr. de 2015

Nova Folla Informativa - Maio 2015

O BNG - Asembleas Abertas edita unha nova folla informativa (Nº 13 # Maio de 2015), que comezará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.

Despois de 23 anos de goberno de Roberto e o PP,
que temos en Portas?
Así gastaron os nosos cartos Roberto e o PP!



28 de abr. de 2015


Menú: empanada, polbo, churrasco, tarta xeada, bebida, café e licores.

Menú infantil adaptado segundo as necesidades.

Capacidade máxima: 200 comensais.

22 de abr. de 2015

O BNG-Asembleas Abertas de Portas propón a celebración de debates electorais abertos

O grupo, encabezado por Santi Carballo, convida aos candidatos do Partido Popular (PP), Víctor Estévez, e de Veciños Unidos de Portas (VUP), Roberto Vázquez, a celebrar un debate electoral aberto de cara á convocatoria do próximo 24 de maio.
A proposta do BNG-Asembleas Abertas contempla, ademais da celebración dun debate principal entre candidatos, outro que, por parroquias, confronte ao primeiro representante de cada candidatura.
O candidato á Alcaldía manifestou con contundencia o seu interese en debater, contando coa presenza dos veciños, as propostas electorais defendidas polos tres grupos posto que "en democracia nada é tan importante como a contraposición de ideas, propostas e programas".
Carballo e o seu equipo, que están abertos a calquera outro tipo de formato para a celebración do debate, agardan que tanto o PP coma o VUP acepten a invitación e se poida acordar unhas datas para os encontros ao considerar que "é un dereito que non se lle pode negar aos veciños".

21 de abr. de 2015

Pleno ordinario

O venres 24 de maio de 2015 ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta sesión anterior.
  2. Coñecemento resolucións alcaldía.
  3. Expediente número 1. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
  4. Formación mesas electorais. Sorteo eleccións locais 2015.
  5. Rogos e preguntas.
Un mes despois de aprobar os orzamentos de 2015, preténdese aprobar un novo recoñecemento extraxudicial de créditos despois do xa aprobado o 29 de agosto de 2014. Falta de rigor e desprezo pola democracia.

Unha definición curta e simple de "recoñecemento extraducial de crédito" é "o mecanismo legal para pagar facturas polas que se contraíron obrigas sen consignación orzamentaria", ou en linguaxe máis común: "mecanismo para pagar facturas no caixón de cousas ou servizos que o alcalde mandou comprar pero sen ter os cartos para pagalas".

Como é habitual, se alguén quere trasladarlle ao Pleno algún rogo ou pregunta, estamos á vosa enteira disposición.

10 de abr. de 2015

Candidatura de BNG - Asembleas Abertas de Portas para as eleccións municipais 2015

Titulares:

  1. Santiago Carballo Mourón.
  2. Arturo Norberto Fontán Pérez.
  3. María Teresa Rivas Buceta.
  4. Susana Mosquera Mosteiro.
  5. Rafael Ruibal Pereira.
  6. Xoán Xosé Constenla Novoa.
  7. María Isabel Fojo Pardal.
  8. Rosa Castroagudín Costas.
  9. Julia Tarrío Gens.
  10. Rubén Darío Piñeiro Figueiras.
  11. José Manuel Abalo Rivas.
Suplentes:

  1. Lino Ruibal Pereira.
  2. Manuel González Sabarís.
  3. María Esther Ares Vázquez.
  4. Ana Flores Lodeiro.
  5. Gonzalo Bemposta Rosende.
  6. María Soledad Fariña Vázquez.
  7. Josefa Castro Chaves.
  8. Juan Manuel López Barreira.
  9. Luis Cayo Alfonso Leste.
  10. Eligio Mandayo Carballo.