9 de out. de 2015
Moción para a construción dunha pista multideporte en Briallos
Publicado por BNG Portas ás 12:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
8 de out. de 2015
Convocatoria da asemblea aberta de Portas
O sábado 10 de outubro ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai.
Asuntos a tratar:
- Análise da situación política municipal transcorridos os primeiros 100 días de lexislatura.
- Plan de traballo político.
- Iniciativas a trasladar ao pleno municipal.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
4 de out. de 2015
Transcorridos máis de 100 días de lexislatura o BNG-Asembleas Abertas presenta as catro primeiras mocións para ser debatidas en pleno
1. Primeira moción: "Situación do concello no inicio da actual lexislatura".
Consideramos necesario ter unha "foto fixa" da situación económica, material e de persoal no inicio de lexislatura.
2. Segunda moción: "Contra da colaboración do concello en espectáculos sexistas".
En relación ao espectáculo sexista denominado eufemisticamente como "lavado de motos" que tivo lugar da "VII Concentración Mototurística Portas 2015", con pleno coñecemento do alcalde e do grupo de goberno, o BNG-Asembleas Abertas cualifícao de lamentable, sexista, machista e retrógrado, e por elo considera que o goberno municipal debe presentar desculpas públicas e no futuro negar calquera tipo de colaboración con asociacións, organizacións ou persoas que organicen, fomenten, faciliten ou consintan espectáculos sexistas.
3. Terceira moción: "Demandar un local de reunión para os grupos políticos na casa do concello".
Consideramos que ao igual que PP e VUP dispoñen de locais de reunión na casa do concello, tamén o debe ter o BNG-Asembleas Abertas.
4. Cuarta moción: "Ubicar o grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas na esquerda do salón de plenos".
Consideramos que para facilitar a identificación dos diferentes grupos polo público, o grupo BNG-Asembleas Abertas debe ocupar o lugar esquerdo do Salón de Sesións (dende o punto de vista do público).
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
25 de ago. de 2015
Pleno Ordinario
O venres 28 de agosto de 2015 ás 20:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación actas sesións anteriores.
- Creación comisión informativa de asuntos a tratar polo pleno.
- Composición comisión informativa especial de contas.
- Certificacións de obras.
- Informes da presidencia.
- Acordo de pagos.
- Coñecemento resolucións da alcaldía.
- Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 14:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
24 de ago. de 2015
V Comida-Xuntanza na Illa de Cortegada
O próximo 30 de agosto o BNG-Asembleas Abertas de Portas celebra unha comida-xuntanza na Illa de Cortegada.
Cada un leva a súa comida e a súa bebida e logo alí compartimos. Tod@s @s amig@s do BNG-Asembleas Abertas de Portas estades convidad@s.
Quedamos no peirao de Carril a partires das 11:00h. A esa hora haberá unha baixamar extrema polo que se poderá cruzar a pé (os pertrechos cruzarán na barca). O "barqueiro" terá que facer varias viaxes, así que non hai problema en chegar máis tarde (ás 12, 13h, ...).
O plan é darse un bañiño (os que queiran) na praia antes de comer. Despois da comida: sesta, paseo pola illa (45'), praia e gozar da compañía no paraíso.
No caso improbable de que chovese, buscamos un sitio cuberto para comer e seguimos coa festa... o importante é xuntarse!
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
19 de ago. de 2015
Reunión Informativa convocada polo Alcalde
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
7 de xul. de 2015
Pleno Extraordinario
O venres 10 de xullo de 2015 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación certificación número 1 - Final obra "Alcantarillado en Briallos e limpeza de camiños municipais" (PPOS/15).
- Aprobación certificación número 1 - Final obra "Mellora e acondicionamento de vial en Vilavedra-Romai" (PPOS/15).
- Aprobación certificación número 1 - Obra "Acondicionamento exteriores e pavimentación pistas no pavillón de deportes de Romai" (PPOS/15).
- Coñecemento proposta da Alcaldía s/prórroga contrato arquitecta municipal.
Publicado por BNG Portas ás 18:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas














