- Aprobación acta da sesión ordinaria do 21/10/2016.
- Adhesión ao servizo de cesión de datos para as administracións públicas da tesourería xeral da seguridade social.
- Informe reclamación en materia de cantidade (indemnización de responsabilidade civil derivada de accidente de traballo) de Mónica Ferro Folgar.
- Delegación na Deputación Provincial de Pontevedra - ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión relativos ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica (alta IVTM).
- Aprobación e establecemento e ordenanza fiscal reguladora prezo público por actividades culturais e artísticas.
- Rolda de intervencións.
14 de dec. de 2016
Convocatoria ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno
O venres 16 de decembro de 2016 ás 20:30 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
O alcalde volve a saltarse un acordo plenario unánime e convoca a Comisión Informativa para o venres 16 en lugar do día que lle corresponde que é o venres 23 de decembro. Nin sequera se puxo en contacto co grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas para explicar este cambio.
No pleno ordinario de 26 de febreiro de 2016 aprobouse por unanimidade unha moción do BNG-Asembleas Abertas que establecía a periodicidade das sesións ordinarias da Comisión Informativa de Asuntos a tratar polo Pleno. O acordo aprobado di textualmente: "As sesións ordinarias da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno terán unha periodicidade dunha cada dous meses, o penúltimo venres dos meses pares ás 20:30h. Se este día cadra en festivo, a sesión trasladarase á véspera ou ó seguinte día hábil".
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
2 de dec. de 2016
Novo Boletín Informativo - Decembro 2016
O BNG-Asembleas Abertas edita un novo boletín informativo (Nº 16 # Decembro de 2016), que comezará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.
O goberno municipal adxudica "sen publicidade" un contrato de 35.605,90 euros á empresa do Secretario de Organización do PP de Portas
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
29 de nov. de 2016
O concello de Portas adxudica "sen publicidade" un contrato de 35.605,90€ á empresa do secretario de organización do PP de Portas
AUSENCIA DE TRANSPARENCIA E TRATO DE FAVOR A DIRIXENTES DO PARTIDO POPULAR DE PORTAS
O goberno municipal do Partido Popular adxudicou mediante
procedemento negociado sen publicidade
un contrato de subministro de maquinaria por valor de 35.605,60 € a Rafael
Seijo Rodríguez (Seymos Maquinaria Agrícola S.L.), secretario de organización
do Partido Popular de Portas e candidato en sétima posición nas últimas
eleccións municipais.
Antes de iniciarse o procedemento negociado para a adxudicación do contrato de 35.600 euros o BNG-Asembleas Abertas solicitou en Pleno (xuño de 2016) que o método de adxudicación fose aberto, ou no seu defecto que fose negociado con publicidade, de modo que calquera empresa puidese presentar oferta libremente. O PP negouse.
As características técnicas esixidas para a maquinaria a subministrar, detalladas no prego de prescricións técnicas, coinciden con extrema puntualidade coas características técnicas de máquinas específicas do catálogo dunha marca concreta.
O goberno municipal invitou a catro empresas a presentar
ofertas, coa coincidencia de que as catro son distribuidoras oficiais da marca
Husqvarna. Tres das catro empresas convidadas presentaron oferta e todas as
máquinas dos tres orzamentos son idénticas: 3 desbrozadoras Husqvarna 545RX,
soprador Husqvarna 570BTS, hidrolimpadora Benza 200/15 4R, motoserra Husqvarna
550XP, motoserra Husqvarna T540XP, desbrozadora para tractor Becchio & Mandrile
BR180 con cardan, corredeira e acoplamento, rider Husqvarna P524 máis
desbrozadora de impacto e cepillo rotativo, e cortacéspede Husqvarna LB 553S.
A apertura dos sobres coas ofertas recibidas non foi
anunciada e realizouse sen público presente. Á apertura das ofertas nin se convidou
ás empresas nin a membros da oposición.
Se non hai nada que
ocultar, por que esta falta intencionada de transparencia?
BNG-Asembleas Abertas non lle nega o dereito a Seymos ou
a calquera outra empresa a ofrecer os seus servizos e recibir contratos por
parte do concello de Portas, pero si esiximos transparencia, publicidade e
igualdade de oportunidades para todos.
BNG-Asembleas Abertas demanda que todas as
adxudicacións de obras, servizos ou subministracións de certa entidade se
realicen mediante procedementos abertos, transparentes e de libre concorrencia que ademais de fomentar a
competencia e resultar máis vantaxosos economicamente para o concello, evitan
as actuacións caciquís.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
21 de nov. de 2016
Lotaría do nadal 2016-2017
Temos á venda lotaría do nadal, se alguén está interesado/a podedes poñervos en contacto persoalmente con calquera dos membros do grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas de Portas, ou a través do noso correo electrónico, blog ou páxina de Facebook.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
14 de nov. de 2016
O BNG-Asembleas Abertas presenta alegacións ao "Proxecto de rede principal de camiños adaptados á lei METAGA na parroquia de Romai" (Parcelaria de Romai)
O BNG-Asembleas Abertas lamenta que o concello de Portas non se interesase en absoluto polo proxecto de camiños da parcelaria de Romai e que o servizo de infraestruturas agrarias da Xunta tampouco realizase, como se lle solicitou, charlas informativas impartidas por técnicos competentes na materia antes ou durante o período de exposición pública para responder ás dúbidas dos propietarios/as.
O BNG-Asembleas Abertas presentou as seguintes alegacións:
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
8 de nov. de 2016
Convocatoria da asemblea aberta de Portas
O venres 11 de novembro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:
- Estratexia de traballo municipal.
- Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
4 de nov. de 2016
O Concello de Portas aproba unha convocatoria de subvencións para asociacións cunhas bases imposibles de cumprir
DESPOIS DE ANO E MEDIO DE LEXISLATURA O GOBERNO MUNICIPAL SEGUE IMPROVISANDO EN CADA ACTUACIÓN
O pasado luns 24 de outubro, o concello de Portas publicou
no BOP as “bases e convocatoria para a
concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para o
ano 2016”.
O concello de Portas, sen informar previamente nin á oposición nin ás
asociacións, aprobou unhas bases que imposibilitan de facto que as asociacións
poidan concorrer ás axudas. A desproporcionada petición de documentación, o
mínimo prazo de presentación de solicitudes de só 15 días naturais (ata o 8 de
novembro, incluídos festivos e fin de semana) e a esixencia de xustificar as
actividades subvencionables antes do 15 de decembro fan imposible o cumprimento
das bases polo que as asociacións están a renunciar a presentarse.
Tendo en conta o prazo adicional de 10 días contemplado para emendar anomalías nas solicitudes, a tramitación dos expedientes por parte dos técnicos municipais, a resolución da alcaldía, a comunicación de acordo de concesión e un prazo de 7 días para a aceptación, non quedará tempo físico para realizar as actividades e presentar toda a documentación de xustificación antes do 15 de decembro.
BNG-Asembleas Abertas
lamenta a falta de sensibilidade e respecto que o goberno municipal está a
demostrar coas asociacións culturais e deportivas do concello. Resolver unha
convocatoria de axudas que debería ser para todo o ano 2016 en decembro de 2016
é unha tomadura de pelo. Esta nova improvisación non lle servirá ao alcalde e á
concelleira de cultura para xustificar a absoluta falta de apoio ás asociacións
en ano e medio de lexislatura.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







