21 de feb. de 2018

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 23 de febreiro ás 20:45 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da urxencia da convocatoria da sesión.
  2. Expediente 104/2018. Procedemento de Contratación Obra Depuradora de leito bacteriano no lugar da Estación.

O venres 16 tocaba convocar a Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno (non se pagan dietas por asistencia), pero non a convocaron.
O venres 23 tocaba convocar Pleno ordinario, pero non o convocaron. No seu lugar convocan unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno.
QUE CONTINÚE O DESCONTROL E A IMPROVISACIÓN CONSTANTE!

Comisión Especial de Contas

O venres 23 de febreiro ás 20:30 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria 28/04/2017.
  2. Expediente 99/2018. Elaboración e Aprobación do Orzamento 2018.
POR QUE CON MAIORÍA ABSOLUTA VAN A APROBAR OS ORZAMENTOS CON TRES MESES DE RETRASO?

16 de xan. de 2018

Pleno Extraordinario

O venres 19 de xaneiro ás 19:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta sesión ordinaria 27-10-2017.
  2. Aprobación acta sesión extraordinaria 27-10-2017.
  3. Aprobación acta sesión extraordinaria 24-11-2017.
  4. Moción do BNG-AA por unha recollida e tratamento de residuos sustentables co medio ambiente.
  5. Moción do BNG-AA sobre defensa cruceiros Casal e Outeiriño.
  6. Expediente 496/2017. Titularidade dun ben.
  7. Expediente 13/2018. Procedemento administrativo común (administración xeral).
  8. Dación dos Decretos e Resolucións da Alcaldía.
  9. Rogos e Preguntas.

9 de xan. de 2018

Convocatoria extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 12 de xaneiro de 2018 ás 20:30 h. celebrase unha reunión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta 25-08-2017.
  2. Aprobación acta 21-09-2017.
  3. Moción BNG-AA por unha recollida e tratamento de residuos sustentables co medio ambiente.
  4. Moción BNG-AA sobre defensa cruceiros Casal e Outeiriño.
  5. Expediente 496/2017. Procedemento xenérico.
  6. Rogos e preguntas.

27 de dec. de 2017

Novo Boletín Informativo - Decembro 2017

O BNG-Asembleas Abertas edita un novo boletín informativo (Nº 18 # Decembro de 2017), que comezará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.
O goberno de Víctor Estévez é un fraude
O goberno do Partido Popular é incapaz de cumprir nin a primeira das súas promesas electorais: nin transparencia, nin participación veciñal, nin rexeneración democrática, nin consenso para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal. 
Non foi a seca, foi a incapacidade do PP
Os cortes nas traídas municipais débense á incompetencia do PP
PXOM: a historia dunha estafa
Prometeron consensuar o PXOM pera van aprobar o documento de Roberto Vázquez sen cambiar unha coma e sen unha soa reunión cos veciños
Recortes no centro de saúde de Portas
Nove meses sen un dos médicos titulares. O Sergas non cubre as baixas e as vacacións do persoal do centro médico e o goberno municipal non fai nada.
Obras ilegais na finca da reitoral de Portas
O alcalde sabendo que as obras eran ilegais, retrasou intencionadamente a paralización das obras nada menos que 22 días. O que está detrás das obras é José Antonio Landín Eirín, exalcade de Barro e mentor político de Víctor Estévez.
Privatización do servizo de axuda no fogar
Víctor Estévez e o seu equipo traballarán aínda menos, a cambio, os veciños e veciñas de Portas pagaremos máis por un peor servizo.






19 de dec. de 2017

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O venres 22 de decembro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Novo boletín informativo.
  • Liña de traballo.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

29 de nov. de 2017

Moción en defensa dos Cruceiros do Casal e Outeiriño

Hoxe presentamos no rexistro do concello esta moción: