16 de xul. de 2019

Convocatoria de dúas comisións informativas en 5 minutos

O venres 19 de xullo ás 13:00 h. e ás 13:05 h. celebrararse dúas comisións informativas na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:

  • Comisión de urbanismo, obras, servizos, vivenda, solo e medio ambiente (13:00 h.)
    1. Constitución da Comisión Informativa.
    2. Expediente 365/2019. Designación de representante no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Pontevedra.
    3. Rogos e preguntas.
  • Comisión de cultura, deporte, educación, turismo, igualdade, benestar social, emprego e xuventude (13:05 h.)

    1. Constitución da Comisión Informativa.
    2. Expediente 366/2019. Designación Festas Locais 2020.
    3. Expediente 170/2019. Contratación Servizo de Axuda no Fogar.
    4. Rogos e preguntas.

4 de xul. de 2019

Pleno Extraordinario - Organización Corporación Municipal

O martes 9 de xullo de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 15-06-2018.
  2. Expediente 328/2019. Réxime sesións ordinarias Pleno.
  3. Expediente 325/2019. Creación, composición e réxime sesións ordinarias Comisións Informativas Permanentes.
  4. Expediente 326/2019. Dedicación exclusiva Alcaldía.
  5. Expediente 336/2019. Soporte electrónico para actas órganos colexiados.
  6. Expediente 327/2019. Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados.
  7. Expediente 337/2019. Asignación Grupos Políticos.
  8. Expediente 330/2019. Nomeamento representantes municipais en organismos e institucións.
  9. Expediente 329/2019. Constitución Grupos Políticos.
  10. Expediente 324/2019. Nomeamento Tenentes de Alcalde.


11 de xuño de 2019

Pleno Extraordinario - Constitución Corporación Municipal

O sábado 15 de xuño de 2019 ás 12:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Expediente 285/2019. Constitución do Concello.
Tomarán posesión os concelleiros elixidos pola veciñanza, entre eles os dous representantes do BNG, Arturo Fontán e María Gorís, e investirase o novo alcalde de Portas.

9 de xuño de 2019

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 14 de xuño ás 21:00 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Análise dos resultados electorais.
  • Constitución do Concello.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

6 de xuño de 2019

Pleno Extraordinario

O mércores 12 de xuño de 2019 ás 12:40 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 30-03-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 30-04-2019.

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno - Sesión Extraordinaria

O mércores 12 de xuño ás 12:35 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 01-03-2019.

24 de maio de 2019

Portas saca a concurso o servizo de axuda no fogar a un mes das eleccións, sen pasar polo Pleno e duplicando o prezo do contrato

O Partido Popular quere deixar todo atado e ben atado

En outubro de 2017 o goberno do Partido Popular do concello de Portas privatizou coa oposición do BNG o servizo de axuda no fogar, servizo que ata entón se prestaba de forma directa polo concello. A adxudicación realizouse cun prezo de contrato de 146.782,48 euros e unha duración de 24 meses.
O 15 de abril deste ano, a un mes das eleccións municipais, o concello de Portas mediante resolución de alcaldía iniciou o expediente para renovar a contratación do servizo de axuda no fogar por un período de 24 meses e un orzamento base de licitación de 355.260,67 euros, que é máis do dobre que o contrato actual.
Este inicio de expediente realízase a sabendas de que todos os partidos da oposición se comprometeron na presente campaña electoral a remunicipalizar o servizo se chegaban ao goberno. Ademais, o expediente iníciase sen someter á aprobación do Pleno da Corporación, órgano de máxima representación dos veciños e veciñas que o alcalde mantén secuestrado e que non se reúne en sesión ordinaria dende xuño de 2018.
O Partido Popular non confía en revalidar a alcaldía o próximo domingo e pretende deixar todo atado e ben atado.

O BNG esixe a paralización do expediente de contratación do servizo de axuda no fogar e denuncia o secuestro das institucións municipais por parte do Partido Popular e o seu uso partidista.

Resolución de Alcaldía de 15 de abril de 2019:


Resolución de Alcaldía de 9 de outubro de 2017: