5 de mar. de 2020

Pleno Extraordinario

O martes 10 de marzo de 2020 ás 20:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 86/2020. Sorteo de Mesas para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 05-04-2020.

28 de xan. de 2020

Pleno Ordinario

O venres 31 de xaneiro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 18-10-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 25-10-2019.
  3. Expediente 491/2019. Recuperación do terreo sobrante de vía pública no lugar de Moureira, parroquia de Portas.
  4. Expediente 558/2019. Convenio de colaboración para a prestación do servizo de saneamento aos lugares de Penalta, Valsordo e Ameal do Concello de Caldas de Reis.
  5. Expediente 586/2019. Orzamento 2020.
  6. Moción do grupo do Bloque Nacionalista Galego pola recuperación da fonte pública e lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachada e do seu entorno (Lantaño).
  7. Correspondencia oficial.
  8. Decretos da Alcaldía do 01-09-2019 ao 31-12-2019.
  9. Período medio de pago 4º trimestre de 2019.
  10. Documentación Plan Concellos 2020.
  11. Rogos e preguntas.

24 de xan. de 2020

Moción pola Recuperación da fonte pública e lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachadas e do seu entorno (Lantaño)

O abaixo asinante Arturo N. Fontán Pérez, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Portas, ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A fonte e lavadoiro da Regueira é de propiedade pública, sen embargo, atópase en estado de abandono, algo que non é novo pois xa en outubro de 1998 os veciños do lugar de Fontenla-Cachadas presentaron un escrito solicitándolle ao concello de Portas a conservación da fonte-lavadoiro e que non permitise o seu traslado de lugar.
Sen embargo, nada se fixo ata que o 18 de febreiro de 2008 a fonte-lavadoiro da Regueira foi derrubada por un veciño do lugar, coa intención de trasladala, sen licenza de obra nin por suposto título de propiedade pero co consentimento verbal do goberno municipal.
As protestas veciñais e a presión da oposición fixeron rectificar a regañadentes ao goberno municipal e finalmente a fonte-lavadoiro da Regueira foi reconstruída, sen embargo, a obra non se realizou correctamente e presenta innumerables erros construtivos que provocan a filtración da auga do manancial por numerosas fugas.
O grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas considera necesario actuar á maior brevidade posible para recuperar a fonte pública e lavadoiro da Regueira e o seu entorno que é un patrimonio público que debe ser respectado.
É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes
ACORDOS
  • delimitar os terreos públicos da fonte-lavadoiro da Regueira para garantir a súa conservación e acceso libre e público,
  • reparar a fonte-lavadoiro da Regueira eliminando as fugas do manancial e as filtracións dende o terreo inferior,
  • realizar unha campaña de analíticas da auga para garantir a calidade para o seu uso e consumo,
  • acometer a retirada dos recheos que impiden o desaugadoiro natural da fonte-lavadoiro e das augas de choiva polo regato da Regueira,
  • realizar un mantemento e limpeza periódico da fonte-lavadoiro e do seu entorno.

Portas, a 24 de xaneiro de 2020

Antes da intervención dos veciñ@s. 

Despois da intervención dos veciñ@s o 6 de outubro.

20 de xan. de 2020

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 24 de xaneiro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Andaina.
  • Boletín informativo
  • Organización.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

25 de nov. de 2019

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 29 de novembro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Boletín informativo.
  • Moción fonte e lavadoiro da Regueira.
  • Asuntos varios.

Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

22 de out. de 2019

Pleno Ordinario

O venres 25 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 9-7-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 26-7-2019.
  3. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  4. Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
  5. Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixo.
  6. Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
  7. Expediente 643/2018. Aprobación Proxecto de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Pontevedra-Carril-Santiago de Compostela.
  8. Expediente 170/2019. Adxudicación contrato do Servizo de Axuda no Fogar.
  9. Expediente 86/2018. Aprobación Provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
  10. Decretos da Alcaldía 1-7-2019 ao 30-9-2019.
  11. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  12. Período medio de pago 3º trimestre 2019.
  13. Escrito designación membros Comisións Informativas.
  14. Rogos e preguntas.

15 de out. de 2019

Convocatoria de dúas comisións informativas e un pleno extraordinario en 20 minutos

MESTRADO ACELERADO DE COMO COBRAR TRES DIETAS EN 20 MINUTOS!!!

O venres 18 de outubro de 2019 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas, ás 21:10 h. unha reunión da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente, e ás 21:20 h. un pleno extraordinario na Casa do Concello coas seguintes ordes do día:

Comisión Especial de Contas

  1. Constitución da Comisión.
  2. Expediente 455/2019. Establecemento sistema retributivo para o persoal laboral.
  3. Expediente 439/2019. Modificación de Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa por recollida de lixos.
  4. Rogos e preguntas.

Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 19-07-2019.
  2. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  3. Expediente 469/2019. Solicitude de subvención ao Instituto para a Diversificación da Enerxía (IDAE) ao amparo do Real Decreto 316/2019, de 26 de abril, do Ministerio Para a Transición Ecolóxica do Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
  4. Expediente 86/2018. Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Portas.
  5. Rogos e preguntas.

Pleno Extraordinario

  1. Sorteo mesas electorais para Eleccións Xerais novembro 2019.