1 de abr. de 2025

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O venres 4 de abril ás 21:10 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2024/3 de 03/12/2024.
  2. Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de Concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.




Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 4 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2025/1 de 24 /01/2025.
  2. Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con Remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
  3. Rogos e preguntas.


28 de xan. de 2025

Pleno Ordinario

O venres 31 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2024/9 de 25/10/2024.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria anterior PLN/2024/10 de 09/12/2024.
  3. Expediente 41/2025. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 01/2025.
  4. Expediente 55/2025. Adhesión e aprobación do borrador dos estatutos da Asociación de Concellos afectados pola estrada de peaxe AP9.
  5. Proposta de Resolución: Moción do BNG de apoio á celebración do ano Castelao en 2025.
  6. Dación conta dos Decretos de Alcaldía do nº 2024-0334 de 22/10/2024 ao nº 2025-0024 de 27/01/2025.
  7. Dación conta do Período Medio de Pago 4º trimestre 2024 e Morosidade 2024.
  8. Rogos e preguntas.





24 de xan. de 2025

Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 24 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2024/6 de 3 de decembro de 2024.
  2. Expediente 41/2025. Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 01/2025.
  3. Expediente 55/2025. Adhesión e aprobación do borrador dos estatutos da Asociación de Concellos afectados pola estrada de peaxe AP9.
  4. Rogos e preguntas.


4 de dec. de 2024

Pleno Extraordinario

O luns 9 de decembro ás 9:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 641/2024. Aprobación do Orzamento para o exercicio 2025.
  2. Expediente 636/2024. Aprobación da primeira modificación do organigrama e Relación de postos de traballo do Concello de Portas.
  3. Expediente 361/2024. Adscrición dunha superficie de 10.057 m2 da parcela con referencia catastral 36040A308000340000OM con destino á instalación dunha Base Integral de Unidades Operativas (BUO) no Concello de Portas.
  4. Expediente 681/2024. Alteración da cualificación xurídica do predio coa referencia catastral 36040A00200038 afectación ao dominio público.
  5. Expediente 590/2024. Rectificación do Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Portas. Parcela inventariada coa orde de inventario 187 e orde de grupo 010413004 nomeada Eiravella.


29 de nov. de 2024

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O martes 3 de decembro ás 9:20 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2024/2 do 19/07/2024.
  2. Expediente 361/2024. Proposta de mutación demanial obxectiva/adscripción dunha superficie de 10.057 m2 da parcela con referencia catastral 36040A308000340000OM con destino á instalación dunha base integral de unidade operativa (BUO) no concello de Portas.
  3. Expediente 590/2024. Rectificación do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Portas no que respecta á descrición de lindeiros e superficie da parcela inventariada coa orde de inventario 187 e orde de grupo 0104130024, nomeada Eiravella.
  4. Expediente 681/2024. Alteración cualificación xurídica do predio con referencia catastral 36040A002000038 afectación ao servizo público.


Convocatoria Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude

O martes 3 de decembro ás 9:10 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Cultura (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CICDETIBSE/2024/3 de 18/10/2024.
  2. Expediente 636/2024. Aprobación da primeira modificación do organigrama e Relación de postos de traballo do Concello de Portas.