23 de xuño de 2025

Pleno Extraordinario

O martes 24 de xuño ás 9:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Moción do grupo popular do Concello de Portas en defensa do estado democrático e de dereito e en repulsa da corrupción que afecta á contorna persoal e política de Pedro Sánchez, presidente do goberno de España.


16 de xuño de 2025

Pleno Extraordinario

O mércores 18 de xuño ás 9:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 277/2025. Aprobación do expediente de contratación administrativa da obra de "Rehabilitación de edificio destinado a escola de música".
  2. Expediente 397/2025. Aprobación do expediente de contratación administrativa do subministro de enerxía eléctrica para as dependencias e instalacións do Concello de Portas por procedemento aberto suxeito a regulación armonizada.


10 de xuño de 2025

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O venres 13 de xuño ás 9:00 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2025/1 do 04/04/2025.
  2. Expediente 277/2025. Contratación da obra "Rehabilitación de edificio destinado a escola de música".
  3. Expediente 397/2025. Contratación do "Subministro de enerxía eléctrica para as dependencias e instalacións do Concello de Portas".


8 de abr. de 2025

Pleno Ordinario

O venres 11 de abril ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2025/1 de 31/01/2025.
  2. Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.
  3. Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
  4. Proposta de resolución: Moción do BNG esixindo transparencia do goberno municipal e a entrega da documentación solicitada dende xullo de 2023.
  5. Proposta de resolución: Moción grupo socialista de Portas referente ao proxecto ALTRI.
  6. Moción do grupo municipal popular do Concello de Portas para propoñer que a antiga casa consistorial, actualmente en proceso de rehabilitación, leve o nome de "Concepción Pérez Iglesias", primeira alcaldesa de Galicia.
  7. Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2025-0025 de 28/01/2025 ao nº 2025-0120 de 07/04/2025.
  8. Dación conta da Liquidación do orzamento do exercicio 2024 e do Informe de avaliación da estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda.
  9. Rogos e preguntas.



1 de abr. de 2025

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O venres 4 de abril ás 21:10 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2024/3 de 03/12/2024.
  2. Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de Concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.




Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 4 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2025/1 de 24 /01/2025.
  2. Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con Remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
  3. Rogos e preguntas.


28 de xan. de 2025

Pleno Ordinario

O venres 31 de xaneiro ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2024/9 de 25/10/2024.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria anterior PLN/2024/10 de 09/12/2024.
  3. Expediente 41/2025. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos 01/2025.
  4. Expediente 55/2025. Adhesión e aprobación do borrador dos estatutos da Asociación de Concellos afectados pola estrada de peaxe AP9.
  5. Proposta de Resolución: Moción do BNG de apoio á celebración do ano Castelao en 2025.
  6. Dación conta dos Decretos de Alcaldía do nº 2024-0334 de 22/10/2024 ao nº 2025-0024 de 27/01/2025.
  7. Dación conta do Período Medio de Pago 4º trimestre 2024 e Morosidade 2024.
  8. Rogos e preguntas.