30 de set. de 2014

Novo boletín informativo - Outubro 2014

O BNG de Portas edita un novo boletín informativo (Nº 11 # 2ª etapa # Outubro de 2014), que comezará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.

PXOM: Como polo sen cabeza
O BNG esixe información e un novo período de exposición pública
Moción do BNG contra un novo recorte en educación
Canon da auga
Asemblea aberta de Portas





17 de set. de 2014

Convocatoria da asemblea local de Portas

O domingo 21 de setembro ás 12:00 h. celebrarase unha asemblea no local da antiga cámara agraria de Portas.

Asuntos a tratar:

- PXOM. Información sobre resposta ás alegacións.
- Convocatoria de asemblea aberta en Portas.
- Aprobación novo boletín informativo.
- Plan de traballo.

Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.