21 de xul. de 2020

Moción pola Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro de Paraíso e do seu entorno (Portas)

A fonte e lavadoiro de Paraíso é de propiedade pública, sen embargo, atópase en estado de abandono absoluto por parte do Concello de Portas.
Xa o 11 de xuño de 2016 o BNG presentara outra moción esixindo a limpeza e arranxo periódico da fonte-lavadoiro por parte do concello, sen embargo nada se ten feito mais que unha limpeza parcial en 2017.
A conservación do patrimonio cultural, etnográfico e arquitectónico debería ser unha prioridade municipal, para que o legado de anteriores xeracións poida preservarse nas mellores das condicións e se dea a coñecer ás xeracións futuras.
O grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas considera necesario actuar á maior brevidade posible para recuperar a fonte pública e lavadoiro de Paraíso e o seu entorno que é un patrimonio público que debe ser respectado.
É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes acordos:
  • delimitar os terreos públicos da fonte-lavadoiro de Paraíso para garantir a súa conservación e acceso libre e público,
  • realizar unha campaña de analíticas da auga para garantir a calidade para o seu uso e consumo,
  • realizar un mantemento e limpeza periódico da fonte-lavadoiro e do seu entorno.
Portas, a 21 de xullo de 2020