1 de abr. de 2025

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O venres 4 de abril ás 21:10 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CIUOSVSMA/2024/3 de 03/12/2024.
  2. Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de Concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.




Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 4 de abril ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2025/1 de 24 /01/2025.
  2. Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con Remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
  3. Rogos e preguntas.