20 de nov. de 2018

Pleno Extraordinario

O venres 23 de novembro de 2018 ás 19:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 29-06-2018.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 14-09-2018.
  3. Expediente 562/2018. Adhesión ao Plan Compost da Deputación Provincial de Pontevedra.
  4. Expediente 387/2018. Investigación titularidade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
  5. Decretos da alcaldía do 11-09-2018 ao 19-11-2018.
  6. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  7. Rogos e preguntas.


Este é o pleno que se tiña que celebrar o día que o Partido Popular presentou ao seu candidato. Convócase pola "urxencia dos asuntos a tratar" pero está completamente baleiro de contido.

18 de nov. de 2018

Novo Boletín Informativo - Novembro 2018

O BNG-Asembleas Abertas edita un novo boletín informativo (Nº 19 # Novembro de 2016), que comenzará a repartirse polas casas de Portas nos próximos días.




15 de nov. de 2018

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno - Sesión Extraordinaria

O venres 16 de novembro ás 20:30 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 562/2018. Adhesión ao Plan Compost Revitaliza da Deputación Provincial de Pontevedra.
  2. Expediente 387/2018. Investigación titulariedade camiño sito no lugar de Casal, parroquia de Lantaño.
Unha vez máis recorren a unha convocatoria extraordinaria pola "urxencia dos asuntos a tratar". Por que son asuntos urxentes? É urxente adherirse a un plan da Deputación que se iniciou fai 3 anos? É urxente investigar a titulariedade dun camiño cando a solicitude se fixo en xullo?
Este goberno municipal non ten respecto pola corporación municipal nin polos procedementos democráticos.

8 de nov. de 2018

O PP compra candidato e ponlle un salario municipal a sete meses das eleccións

O BNG denuncia que o PP quere financiar a súa campaña electoral con cartos municipais
O venres 26 de outubro o Partido Popular de Portas presentou ao seu candidato para as vindeiras eleccións municipais de 2019 nun acto en Portadeconde apadriñado polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Xusto unha semana despois, o venres 2 de novembro publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra o recoñecemento da dedicación exclusiva ao concelleiro do PP, D. Ricardo Martínez Chantada, quen é o candidato do PP a substituír na alcaldía a Víctor Estévez.
Con este soldo de 35.500 euros/ano, un simple tenente de alcalde de Portas cobra máis que alcaldes de concellos limítrofes máis grandes e poboados como o de Barro (30.300 euros/ano), o de Cuntis (30.900 euros/ano) ou a alcaldesa de Moraña (34.500 euros/ano). Incumprindo ademais o programa electoral co que se presentaron ás eleccións de 2015, no que se comprometían explicitamente a non recibir retribución algunha pola dedicación ao concello.
Así actúa o PP, mercando vontades e persoas, con desprezo ás institucións, mesmo no caso do seu candidato, presentado nun acto que se celebrou o mesmo día e á mesma hora na que se tiña que celebrar o Pleno Ordinario da corporación municipal do mes de outubro por acordo plenario. Dúas semanas despois o pleno aínda non se convocou.
O Partido Popular parasita as institucións e úsaas ao seu antollo e conveniencia, incumprindo acordos plenarios para substituír reunións do Pleno por actos partidistas, e poñéndolle un soldo municipal ao seu candidato para que se dedique a preparar a campaña electoral. Mostras da forma caciquil de entender a democracia do Partido Popular, na que antepoñen sen complexos os intereses de partido aos da veciñanza.
O BNG-Asembleas Abertas considera antidemocrático que o Partido Popular use as institucións ao seu antollo e conveniencia saltándose as leis e os acordos plenarios e denuncia o uso que o Partido Popular fai dos cartos públicos para financiar a súa campaña electoral a tempo completo.





26 de out. de 2018

Sen Pleno de outubro porque o PP presenta ao seu candidato


O ALCALDE NON CONVOCA O PLENO ORDINARIO DE OUTUBRO PORQUE O PP PRESENTA AO SEU CANDIDATO
Hoxe venres 26 de outubro ás 19:30 h. debería celebrarse un pleno ordinario segundo o acordo plenario de 10 de xullo de 2015 (pleno de organización) aprobado con 7 votos a favor de PP e VUP e 4 abstencións de BNG-Asembleas Abertas (a imaxe é un extracto da acta dese pleno). O pleno non se celebrará porque o Alcalde non o convocou.
Segundo informacións xornalísticas publicadas, hoxe o Partido Popular organiza un acto de presentación do seu candidato á Alcaldía de Portas para as vindeiras eleccións municipais de 2019, motivo polo cal non foi convocado o pleno ordinario que debería terse celebrado hoxe.
O Partido Popular parasita as institucións e úsaas ao seu antollo e conveniencia, incumplindo acordos plenarios para substituír reunións do Pleno por actos partidistas.
O discurso de Víctor Estévez durante a súa investidura invitando a todos os veciños e veciñas de Portas á sede do Partido Popular non foi un lapso, foi unha vez máis unha mostra aberta da forma de entender a democracia do Partido Popular, na que antepoñen sen complexos os intereses de partido aos da veciñanza.


11 de set. de 2018

Pleno Extraordinario

O venres 14 de setembro de 2018 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 496/2017. Investigación titularidade de camiño en San Bieito (Lantaño).
  2. Expediente 193/2018. Aprobación da Conta Xeral 2017.
  3. Expediente 450/2018. Festivos Locais 2019.
  4. Expediente 428/2018. Recoñecemento dedicación exclusiva a Ricardo Martínez Chantada.
  5. Expediente 465/2018. Prórroga á empresa Construcións, Obras e Viais S.A. para a execución da obra de "Depuradora de leito bacteriano no lugar de Estación".
  6. Decretos da Alcaldía do 27-06-2018 ao 10-09-2018.
  7. Documentación Plan Concellos 2018-2019.
  8. Rogos e preguntas.


4 de set. de 2018

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno - Sesión Extraordinaria

O venres 7 de setembro ás 20:30 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Expediente 428/2018. Recoñecemento Dedicación exclusiva a Ricardo Martínez Chantada.
  2. Expediente 496/2017. Investigación Titulariedade de camiño en San Bieito (Lantaño).
  3. Expediente 450/2018. Designación Festas Locais ano 2019.
O motivo de que a convocatoria sexa urxente é: "urxencia dos asuntos a tratar".
No punto 1 a proposta da Alcaldía é de asignar unha dedicación exclusiva ao 1º Tenente de Alcalde cunha retribución anual en 14 pagas de 35.500 euros (máis 11.000€ de cotas da Seguridade Social).
No punto 2 a proposta da Alcaldía é declarar que a titulariedade do camiño do expediente non é municipal.


26 de xul. de 2018

Nota de prensa - Esperas de 15 días para citas no centro de saúde de Portas

OS PACIENTES TEÑEN QUE ACUDIR A URXENCIAS PARA SER ATENDIDOS

As citas tanto para consultas como para receitas no centro de saúde de Portas estanse dando dende hai semanas con moitos días de retraso, pero a situación límite chegou a semana pasada cando as citas se comezaron a dar con quince días de retraso, obrigando aos pacientes a desprazarse a urxencias a Caldas ou a Pontevedra para consultas de atención primaria.

Hai casos como enfermos crónicos de diabetes aos que se lles dá cita para dúas semanas despois da solicitude, simplemente para activar as receitas de pastillas que necesitan e que sen esa activación non lle poden subministrar na farmacia.

O centro de saúde de Portas vén arrastrando dende fai anos problemas moi graves por falta de persoal facultativo para atender os pacientes, problemas que se agravan durante os meses de verán coincidindo coas vacacións do persoal e que o SERGAS decide non cubrir.

Durante os últimos dous anos, o SERGAS estivo cubrindo a baixa dun médico titular con esporádicas rotacións temporais de distintos profesionais. A baixa definitiva deste médico produciuse hai un par de meses e recentemente o SERGAS cubriu a praza vacante, sen embargo, as vacacións da outra titular volven a provocar o caos e esperas de 15 días para unha simple cita de atención primaria.

No verán de 2017 a situación chegou a tal deterioro que houbo días laborables nos que o centro médico de Portas quedou totalmente ao descuberto sen ningún facultativo para atender os pacientes de todo o concello (máis de 3000 habitantes).

O BNG-Asembleas Abertas xa denunciou as esperas nas citas do centro médico de Portas en innumerables ocasións coa presentación de mocións, que aínda que son aprobadas por unanimidade do Pleno municipal acaban esquecidas nos caixóns do alcalde.

O BNG-Asembleas Abertas considera esta situación de todo inaceptable e esíxelle ao SERGAS a cobertura ao 100% das baixas e vacacións dos profesionais sanitarios do centro de saúde de Portas.
Captura de pantalla do servizo de cita previa por internet do venres 20 de xullo



27 de xuño de 2018

Convocatoria da asemblea aberta de Portas

O venres 29 de xuño ás 22:00 h. celebrarase unha asemblea aberta no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Dación de conta de actuacións do grupo municipal e análise da situación política municipal actual.
  • "Amago" de dimisión de Víctor Estévez.
  • Planificación e propostas de futuro.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

26 de xuño de 2018

Pleno Ordinario

O venres 29 de xuño de 2018 ás 20:30 h. celebrarase un pleno ordinairo na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 27/04/2018.
  2. Correspondencia oficial.
  3. Decretos alcaldía do 24-04-2018 ao 26-06-2018.
  4. Rogos e preguntas.
Como xa é costume no PP, convocan un novo pleno ordinario totalmente baleiro de contido, ata tal punto que non hai ningún punto de votación. Nin sequera convocaron previamente a Comisión de Asuntos a Tratar polo Pleno saltándose os acordos plenarios.
O punto 2 "correspondencia oficial" consiste na comunicación de recepción de varias sentenzas xudiciais contra o Concello motivadas pola penosa e lamentable xestión do Partido Popular.

24 de abr. de 2018

Pleno Ordinario

O venres 27 de abril de 2018 ás 20:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión 02-03-2018.
  2. Expediente 196/2018. Subvención solicitada a outra Administración. Plan Concertado Servizos Sociais 2018.
  3. Expediente 104/2018. Procedemento de Contratación Depuradora de Leito Bacteriano no lugar da Estación. Plan Concellos 2017.
  4. Decretos alcaldía do 26-02-2018 ao 23-04-2018.
  5. Período Medio de Pago 1T-2018.
  6. Plan Concellos Deputación 2018.
  7. Rogos e Preguntas.

17 de abr. de 2018

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 20 de abril ás 20:30 h. celebrarase unha sesión ordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria 12-01-2018.
  2. Aprobación acta sesión extraordinaria do 23-02-2018.
  3. Expediente 196/2018. Solicitude subvención Plan Concertado 2018.
  4. Expediente 104/2018. Procedemento de Contratación obra Depuradora Leito Bacteriano no lugar de Estación.

27 de feb. de 2018

Pleno Extraordinario

O venres 2 de marzo de 2018 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Toma de posesión da Concelleira Noelia Alonso Gándara.
  2. Expediente 104/2018. Procedemento de Contratación Obra Depuradora de leito bacteriano no lugar da Estación.
  3. Expediente 99/2018. Elaboración e Aprobación do Orzamento 2018.
  4. Liquidación Orzamento 2017.
  5. Plan Concellos Deputación 2018.
  6. Rogos e Preguntas.

21 de feb. de 2018

Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 23 de febreiro ás 20:45 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da urxencia da convocatoria da sesión.
  2. Expediente 104/2018. Procedemento de Contratación Obra Depuradora de leito bacteriano no lugar da Estación.

O venres 16 tocaba convocar a Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno (non se pagan dietas por asistencia), pero non a convocaron.
O venres 23 tocaba convocar Pleno ordinario, pero non o convocaron. No seu lugar convocan unha sesión extraordinaria da Comisión Informativa de Asuntos a Tratar polo Pleno.
QUE CONTINÚE O DESCONTROL E A IMPROVISACIÓN CONSTANTE!

Comisión Especial de Contas

O venres 23 de febreiro ás 20:30 h. celebrarase unha sesión extraordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria 28/04/2017.
  2. Expediente 99/2018. Elaboración e Aprobación do Orzamento 2018.
POR QUE CON MAIORÍA ABSOLUTA VAN A APROBAR OS ORZAMENTOS CON TRES MESES DE RETRASO?

16 de xan. de 2018

Pleno Extraordinario

O venres 19 de xaneiro ás 19:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta sesión ordinaria 27-10-2017.
  2. Aprobación acta sesión extraordinaria 27-10-2017.
  3. Aprobación acta sesión extraordinaria 24-11-2017.
  4. Moción do BNG-AA por unha recollida e tratamento de residuos sustentables co medio ambiente.
  5. Moción do BNG-AA sobre defensa cruceiros Casal e Outeiriño.
  6. Expediente 496/2017. Titularidade dun ben.
  7. Expediente 13/2018. Procedemento administrativo común (administración xeral).
  8. Dación dos Decretos e Resolucións da Alcaldía.
  9. Rogos e Preguntas.

9 de xan. de 2018

Convocatoria extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno

O venres 12 de xaneiro de 2018 ás 20:30 h. celebrase unha reunión extraordinaria da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo Pleno na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación acta 25-08-2017.
  2. Aprobación acta 21-09-2017.
  3. Moción BNG-AA por unha recollida e tratamento de residuos sustentables co medio ambiente.
  4. Moción BNG-AA sobre defensa cruceiros Casal e Outeiriño.
  5. Expediente 496/2017. Procedemento xenérico.
  6. Rogos e preguntas.