29 de nov. de 2020

Lotaría nadal

Temos á venda lotaría do nadal, se alguén está interesado/a podedes poñervos en contacto persoalmente con calquera dos membros do grupo municipal do BNG de Portas, ou a través do noso correo electrónico, blog ou páxina de Facebook.



24 de nov. de 2020

Pleno Extraordinario

O venres 27 de novembro ás 21:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Expediente 611/2020. Aprobación do Plan de Acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Portas (PACES).


21 de nov. de 2020

Convocatoria Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O luns 23 de novembro de 2020 ás 13:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión de Urbanimos, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Expediente 611/2020. Aprobación Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable do Concello de Portas.


27 de out. de 2020

Pleno Ordinario

 O venres 30 de outubro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de 31-01-2020.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria de 10-03-2020.
  3. Aprobación da acta da sesión ordinaria de 31-07-2020.
  4. Expediente 48/2020. Conta Xeral 2019.
  5. Expediente 530/2020. Designación Festivos Locais 2021.
  6. Proposta de Resolución: MOCIÓN EN DEMANDA DE INFORMACIÓN A RESPECTO DO ACCIDENTE QUÍMICO NA EMPRESA FORESA DE 12/09/2020.
  7. Proposta de Resolución: MOCIÓN EN DEMANDA DE MELLORAS NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO PARA PALIAR OS EFECTOS DA COVID-19.
  8. Proposta de Resolución: MOCIÓN PARA A REACTIVACIÓN DA ASISTENCIA SANITARIA E A RECUPERACIÓN DA ATENCIÓN PRESENCIAL NO CENTRO DE SAÚDE DE PORTAS.
  9. Dación Decretos de Alcaldía do 28-07-2020 o 27-10-2020.
  10. Período Medio de Pago 3º Trimestre 2020.
  11. Documentación Plan Concellos 2018-2019.


20 de out. de 2020

Moción en Demanda de Melloras nos Centros Educativos do Concello para paliar os efectos da COVID-19

Na actualidade estamos a sufrir unha terrible pandemia que está obrigando a tomar medidas excepcionais en todos os ámbitos, e lamentablemente as previsións máis optimistas consideran que esta excepcionalidade vai manterse durante un longo período de tempo.
No inicio do curso 2020-2021 as autoridades educativas impuxeron nos centros educativos de todos os niveis uns estritos protocolos, sen consenso, con improvisación e sen considerar as peculiaridades e limitacións de cada centro, o que está a producir graves dificultades para o seu cumprimento e o desenvolvemento eficaz da labor educativa. Con todo, o traballo de toda a comunidade educativa para sobrepoñerse á adversidade provocada pola pandemia da COVID-19 está sendo encomiable.
Ante a perspectiva de que os efectos da pandemia perduren durante moitos meses, o grupo municipal do BNG considera necesario levar a cabo algunhas actuacións nos centros educativos do concello de xeito inmediato:
  • construción moi urxente dun novo patio cuberto no CPI Domingo Fontán, que serva á vez de lugar resgardado do alumnado durante a espera para subir aos autobuses na saída da xornada escolar e de patio de xogos para os días de choiva, dado que os actuais espazos cubertos do centro son insuficientes para manter separados os “grupos burbulla” nos recreos,
  • colocación dunha dobre porta na entrada da escola infantil da Azucreira, para evitar que cada vez que acceda un pai ou nai a traer ou levar un neno ou nena se produzan correntes de aire e a conseguinte perda de calefacción,
  • melloras nas Escolas Unitarias de Romai e Lantaño, con substitución das portas, marcos, mobiliario e restantes elementos de madeira que están deteriorados, ademais do remate das obras improvisadas e incompletas levadas a cabo na Escola de Romai cando xa se iniciara o presente curso,
  • renovación dos baños da parte vella do CPI Domingo Fontán durante o próximo período de vacacións de verán de 2021.
É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes:
ACORDOS

  • realizar os trámites oportunos moi urxentes para a construción inmediata dun novo patio cuberto no CPI Domingo Fontán,
  • colocar unha segunda porta na entrada principal da Escola Infantil da Azucreira,
  • cambiar os elementos deteriorados de madeira das Escolas Unitarias de Lantaño e Romai,
  • renovar os baños do CPI Domingo Fontán.




Moción para a Reactivación da Asistencia Sanitaria e a Recuperación da Atención Presencial no Centro de Saúde de Portas

Esta pandemia ocasionada pola COVID-19 puxo ao límite o noso sistema sanitario, evidenciando o preciso que é investir en saúde e a repercusión dos 11 anos de recortes aos que someteu o PP ao sistema sanitario.
A COVID 19, puxo de relevo que precisamos un sistema sanitario público forte, cunha Atención Primaria reforzada como porta de entrada, sen recortes, que permita responder ás necesidades de saúde da poboación e na que o persoal sanitario conte con recursos  para que as persoas doentes poidan recibir a atención que precisan en cada momento e estar ben dimensionado para abordar as emerxencias sanitarias cando xurdan.
Diante da pandemia a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais.
A decisión que tomou o Sergas foi que a atención se centraran preferentemente na consulta telefónica. Isto está ocasionando moitas dificultadas tanto aos profesionais para poder prestar a asistencia sanitaria como no acceso da poboación á mesma.
Á situación de sobrecarga de traballo que padecían os profesionais da Atención Primaria previa ao coronavirus fóronlle engadindo tarefas de diagnóstico, seguimento, illamento, identificación por coronavirus e funcións de rastrexo.
Unha sobrecarga da atención telefónica e da carga burocrática: teléfonos colapsados, o persoal administrativo ao límite, soportando unha presión tremenda, sendo imposible xestionar tanta chamada como a que se produce.
As consecuencias son desastrosas, escasos profesionais, que están ao límite, cun esgotamento físico e mental insoportable, listas de espera de ata semanas, incluso para unha consulta telefónica, doentes crónicos descompensados (persoas hipertensas, diabéticas, con cardiopatías, problemas renais, controis de saúde de pediatría con moitas demoras) e persoas facendo cola á intemperie para simplemente acceder ao centro de saúde.
As demoras para acceder ás prestacións hospitalarias (consultas, probas diagnósticas, intervencións cirúrxicas) que xa eran tremendamente altas, non fan máis que aumentar; seguen sen publicarse as listas de espera que tiñan que terse feito públicas no mes de xullo.
Esta situación está xerando que cada vez máis persoas estean acudindo á sanidade privada, diante da falta de resposta na sanidade pública, e a desprotección da poboación con menos recursos.
A resposta á situación de pandemia non pode estar baseada en incrementar as restricións de acceso á asistencia ao sistema público, porque supón un claro risco para a saúde da poboación. Esta situación pode levarnos a un problema de saúde colectiva, de cronificación de patoloxías, de atención tardía...
É preciso desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial con máis persoal, máis información e máis accesibilidade,
É preciso dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías.
É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para instar á Xunta de Galicia á adopción dos seguintes:
ACORDOS
  • Realizar de inmediato todas as accións precisas para activar a atención presencial en Atención Primaria para dar resposta ás demandas de atención pola COVID 19, mais tamén ao resto das patoloxías e rematar coas listas de espera neste nivel asistencial, co persoal e as medidas de prevención de contaxios precisos, para garantir unha atención sanitaria digna á poboación. Establecer protocolos claros e unificados para a atención presencial de doentes para toda a Atención Primaria.
  • Aumentar no Centro de Saúde de Portas o número de profesionais que sexa preciso para  permitir aumentar o tempo e a calidade da atención asistencial.
  • Aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria até chegar ao 25%, no inmediato 200 millóns de euros.
  • Modificar o Decreto que regula as Áreas e os Distritos Sanitarios para crear unha estrutura de xestión da Atención Primaria con capacidade de decisión, orzamentaria e de recursos humanos.
  • Publicar de inmediato a situación das listas de espera hospitalarias e poñer en marcha un plan de choque para reducilas.




Convocatoria Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude

O venres 23 de outubro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Expediente 530/2020. Designación Festivos Locais 2021.
  3. Rogos e preguntas.


22 de set. de 2020

O BNG esixe información e transparencia sobre o accidente de FORESA

  • Presentou mocións en Caldas e Portas demandando, tanto á empresa como á Xunta, que aclaren o acontecido e informen á veciñanza.
  • Máis dunha semana despois as veciñas e veciños continúan a padecer as consecuencias do accidente.
  • O BNG esixe que se faga público un informe que aclare que produtos químicos se emitiron á atmosfera, que concentracións se rexistraron e que consecuencias poden ter para a saúde das persoas.

O accidente do pasado sábado, 12 de setembro, na planta de produción que a química FORESA ten en Caldas de Reis, liberou produtos químicos no ambiente que máis dunha semana despois seguen sentíndose en amplas zonas da comarca. A incidencia acumulada sobre a saúde e o benestar das veciñas e veciños está sendo moi ampla, provocando cadros de náuseas, mareos, proído de ollos e vías respiratorias e un intensísimo cheiro químico.

Máis dunha semana despois do accidente, nin empresa nin Xunta de Galiza, como responsable da xestión das emerxencias, ofreceron unha explicación convincente da evidencia, que non é outra cousa que un serio accidente industrial. Nin informaron dos produtos químicos emitidos á atmosfera, nin das concentracións acadadas, nin das consecuencias para a saúde pola exposición a estes produtos químicos, demostrando un absoluto desprezo pola saúde das veciñas e veciños que se viron afectados.

Chama poderosamente a atención que, malia tratarse dun accidente que tivo afectación máis alá dos límites da propia factoría e impactou negativamente na saúde das persoas en ningún momento se activou o Plan de Emerxencia Exterior de FORESA nin os responsables informaron á veciñanza.

Os cativos comunicados que en boca de FORESA emitiron Protección Civil de Portas e os Concellos de Portas e Caldas de Reis son contraditorios e non explican en absoluto que máis dunha semana despois do accidente continúe no ambiente unha nube química que deixa tras de si importantes molestias ás veciñas e veciños. A cronoloxía dos comunicados publicados é a seguinte:

  1. Sábado 12/09/2020 ás 15:17h., Protección Civil de Portas publica a seguinte entrada na súa páxina de Facebook: “Segundo informes dos responsables de Seguridade de FORESA INFORMAN QUE: Parece ser q hubo una pequeña fuga de fenol, sin riesgo para las personas, sólo el olor y algo de picor, que se quedó en el ambiente, ya está solucionado, e irá desapareciendo poco a poco!”.
  2. Sábado 12/09/2020 ás 18:13h., Protección Civil de Portas publica outra entrada en Facebook co seguinte texto: “COMUNICADO DE F.O.R.E.S.A. "Debido a una avería en el sistema de refrigeración de agua se produce un producto no conforme (resina) fuera de especificaciones. Este se almacena en la balsa de emergencia de las instalaciones. A lo largo de la tarde el producto será retirado a través de gestores autorizados"”.
  3. Sábado 12/09/2020 ás 18:43h., o Concello de Portas comparte na súa páxina de Facebook a primeira entrada de PC de Portas arriba transcrita e na que se indicaba unha fuga de fenol.
  4. Luns 14/09/2020 ás 14:09h, o Concello de Portas publica en Facebook o seguinte: “Comunicado remitido pola empresa FORESA, en relacion aos feitos sucedidos o pasado sábado, 12 de setembro. "INFORME INCIDENTE FORESA – 12/09/2020 El sábado, 12/09/2020, sobre las 10 de la mañana, se produce una incidencia que provoca que uno de los productos, esté fuera de especificaciones, haciéndolo inservible para el mercado. Tal como establece el procedimiento interno para estos casos, este producto se trata como un residuo, siendo gestionado esa misma tarde, a través de transportistas autorizados para su gestión. Durante este trasiego, ha podido producirse algún vapor no tóxico, que en ningún caso genera un riesgo para los trabajadores, vecinos o medio ambiente. El suceso no se corresponde con ninguna de las hipótesis o escenarios de activación del Plan de Autoprotección ni del Plan de Emergencia Exterior de la Planta, al no verse involucrados productos tóxicos o inflamables. Desde el primero momento, Foresa mantiene comunicación con las autoridades pertinentes, para remitir información a partes interesadas".
  5. Luns 14/09/2020 ás 15:30h. o Concello de Caldas de Reis publica en Facebook o seguinte: “O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, mantivo está mañá unha reunión co director de Foresa para valorar a situación producida o pasado sábado nunha das liñas de produción da empresa. Segundo a información facilitada por Foresa, unha incidencia mecánica menor provocou que un dos produtos quedase inservible para o mercado. Dentro do procedemento interno para estes casos, o produto foi tratado como un residuo seguindo todos os procedementos e sendo xestionado esa mesma tarde por un transportista autorizado para a súa xestión. Durante o transporte puido terse producido o escape dalgún vapor non tóxico causante do cheiro. Este vapor en ningún caso xerou risco para os traballadores, para a veciñanza ou para o medio ambiente. Trátase dun suceso puntual e leve que non precisou da activación dos protocolos de autoprevención nin de emerxencia ao non verse involucrados produtos tóxicos nin inflamables. O Concello mantén dende a fin de semana unha comunicación continua coa dirección de Foresa, que en todo momento mostrou máxima transparencia, co obxecto de contar minuto a minuto con toda a información sobre a situación”.

“O mínimo que debe esixírselle tanto á Xunta como a FORESA é información e transparencia, pois só así as veciñas e veciños poderán volver desfrutar dos seus fogares con tranquilidade” afirmou Manuel Fariña.

“Cando unha empresa química está establecida tan próxima a núcleos de poboación como é o caso, vai no seu propio interese manter a máxima transparencia. Non pode permitirse romper o vínculo de confianza que ata agora podía existir coa veciñanza, a súa reputación e credibilidade están en xogo” sentenciou Arturo Fontán.





21 de set. de 2020

Moción en demanda de información a respecto do accidente químico na empresa FORESA de 12/09/2020

O abaixo asinante Arturo N. Fontán Pérez, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Portas, ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O sábado 12 de setembro de 2020 produciuse un accidente nas instalacións que a empresa FORESA ten na Av. Dona Urraca de Caldas de Reis, a pouca distancia do linde co concello de Portas.

A liberación de produtos químicos á atmosfera que tivo lugar durante o accidente tivo como consecuencia máis inmediata a exposición da poboación a estes produtos químicos, os cales provocaron intensos proídos en ollos e vías respiratorias, mareos, náuseas, e un fortísimo cheiro químico, que alcanzou ata os lugares máis afastados do concello.

A información oficial publicada ata o de agora é escasa e contraditoria, e segue a seguinte cronoloxía:

  1. Sábado 12/09/2020 ás 15:17h., Protección Civil de Portas publica a seguinte entrada na súa páxina de Facebook: “Segundo informes dos responsables de Seguridade de FORESA INFORMAN QUE: Parece ser q hubo una pequeña fuga de fenol, sin riesgo para las personas, sólo el olor y algo de picor, que se quedó en el ambiente, ya está solucionado, e irá desapareciendo poco a poco!”.
  2. Sábado 12/09/2020 ás 18:13h., Protección Civil de Portas publica outra entrada en Facebook co seguinte texto: “COMUNICADO DE F.O.R.E.S.A.""Debido a una avería en el sistema de refrigeración de agua se produce un producto no conforme (resina) fuera de especificaciones. Este se almacena en la balsa de emergencia de las instalaciones. A lo largo de la tarde el producto será retirado a través de gestores autorizados""”.
  3. Sábado 12/09/2020 ás 18:43h., o Concello de Portas comparte na súa páxina de Facebook a primeira entrada de PC de Portas arriba transcrita e na que se indicaba unha fuga de fenol.
  4. Luns 14/09/2020 ás 14:09h, o Concello de Portas publica en Facebook o seguinte: “Comunicado remitido pola empresa FORESA, en relacion aos feitos sucedidos o pasado sábado, 12 de setembro. "INFORME INCIDENTE FORESA – 12/09/2020 El sábado, 12/09/2020, sobre las 10 de la mañana, se produce una incidencia que provoca que uno de los productos, esté fuera de especificaciones, haciéndolo inservible para el mercado. Tal como establece el procedimiento interno para estos casos, este producto se trata como un residuo, siendo gestionado esa misma tarde, a través de transportistas autorizados para su gestión. Durante este trasiego, ha podido producirse algún vapor no tóxico, que en ningún caso genera un riesgo para los trabajadores, vecinos o medio ambiente. El suceso no se corresponde con ninguna de las hipótesis o escenarios de activación del Plan de Autoprotección ni del Plan de Emergencia Exterior de la Planta, al no verse involucrados productos tóxicos o inflamables. Desde el primero momento, Foresa mantiene comunicación con las autoridades pertinentes, para remitir información a partes interesadas."
  5. Luns 14/09/2020 ás 15:30h. o Concello de Caldas de Reis publica en Facebook o seguinte: “O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, mantivo está mañá unha reunión co director de Foresa para valorar a situación producida o pasado sábado nunha das liñas de produción da empresa. Segundo a información facilitada por Foresa, unha incidencia mecánica menor provocou que un dos produtos quedase inservible para o mercado. Dentro do procedemento interno para estes casos, o produto foi tratado como un residuo seguindo todos os procedementos e sendo xestionado esa mesma tarde por un transportista autorizado para a súa xestión. Durante o transporte puido terse producido o escape dalgún vapor non tóxico causante do cheiro. Este vapor en ningún caso xerou risco para os traballadores, para a veciñanza ou para o medio ambiente. Trátase dun suceso puntual e leve que non precisou da activación dos protocolos de autoprevención nin de emerxencia ao non verse involucrados produtos tóxicos nin inflamables. O Concello mantén dende a fin de semana unha comunicación continua coa dirección de Foresa, que en todo momento mostrou máxima transparencia, co obxecto de contar minuto a minuto con toda a información sobre a situación”.

Estas informacións publicadas son contraditorias a respecto do sucedido e non explican a realidade vivida polos veciños e veciñas, que unha semana despois de terse producido o accidente seguían sufrindo as consecuencias do referido accidente.

É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes:

ACORDOS

  • esixir información e transparencia á empresa FORESA e á Xunta de Galiza sobre o accidente producido o sábado 12 de setembro nas súas instalacións de Caldas de Reis,
  • esixir á empresa FORESA e á Xunta de Galiza a elaboración de cadanseu informe no que se detallen os produtos químicos que se emitiron á atmosfera como consecuencia deste accidente, as concentracións destes químicos ás que estivo exposta a poboación, a publicación das medicións realizadas, as consecuencias para a saúde que provoca (ou pode provocar) a exposición a estes produtos químicos,
  • esixir á Xunta de Galiza un informe sobre as chamadas recibidas polo 112 en relación a este accidente,
  • esixir á Xunta de Galiza e á empresa FORESA un informe que detalle o protocolo de actuación seguido durante o accidente, así como tamén que se explique o motivo polo que non se activou o Plan de Emerxencia Exterior de FORESA.

 

Portas, a 21 de setembro de 2020






28 de xul. de 2020

Pleno Ordinario

O venres 31 de xullo de 2020 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión anterior extraordinaria nº 3 de data 15-06-2020.
  2. Expediente387/2020. Toma de posesión da Concelleira Ana María Peña Maquieira.
  3. Expediente 289/2020. Ratificación da Solicitude de Axudas en relación Decreto 99/2012 de 16 de Marzo 2012 da Consellería de Política Social polo que se regulan os Servizos Sociais Comunitarios e o seu finaciamento.
  4. Expediente 370/2020. Adhesión á Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público.
  5. Expediente 371/2020. Moción Escola de Canteiros de Poio.
  6. Expediente 391/2020. Moción pola Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro de Paraíso e do seu entorno presentada polo BNG.
  7. Dación de contas Decretos de Alcaldía dende 01-01-2020 o 28-07-2020.
  8. Período medio de pago 2º trimestre 2020.
  9. Plan Concellos 2018-2019.
  10. Plan Concellos 2020.
  11. Rogos e preguntas.

22 de xul. de 2020

Convocatoria Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude

O venres 24 de xullo de 2020 ás 21:30 h. celebrarase unha reunión da Comisión de Cultura, Deporte, Educación, Turismo, Igualdade, Benestar Social, Emprego e Xuventude na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Expediente 370/2020. Adhesión á Rede de Concello Ágora polo Espazo Público.
  3. Expediente 371/2020. Moción Escola de Canteiros de Poio.
  4. Rogos e preguntas.

Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 24 de xullo de 2020 ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Expediente 48/2020. Conta Xeral exercicio 2019.
  3. Rogos e preguntas.

21 de xul. de 2020

Moción pola Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro de Paraíso e do seu entorno (Portas)

A fonte e lavadoiro de Paraíso é de propiedade pública, sen embargo, atópase en estado de abandono absoluto por parte do Concello de Portas.
Xa o 11 de xuño de 2016 o BNG presentara outra moción esixindo a limpeza e arranxo periódico da fonte-lavadoiro por parte do concello, sen embargo nada se ten feito mais que unha limpeza parcial en 2017.
A conservación do patrimonio cultural, etnográfico e arquitectónico debería ser unha prioridade municipal, para que o legado de anteriores xeracións poida preservarse nas mellores das condicións e se dea a coñecer ás xeracións futuras.
O grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas considera necesario actuar á maior brevidade posible para recuperar a fonte pública e lavadoiro de Paraíso e o seu entorno que é un patrimonio público que debe ser respectado.
É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes acordos:
  • delimitar os terreos públicos da fonte-lavadoiro de Paraíso para garantir a súa conservación e acceso libre e público,
  • realizar unha campaña de analíticas da auga para garantir a calidade para o seu uso e consumo,
  • realizar un mantemento e limpeza periódico da fonte-lavadoiro e do seu entorno.
Portas, a 21 de xullo de 2020




30 de xuño de 2020

Boletín informativo xuño 2020

Xusto antes do estado de alarma de marzo tiñamos listo un boletín informativo para repartir polas casas de Portas. Foi entón que a situación sanitaria se tornou absolutamente prioritaria e decidimos non publicalo. Nin se podía buzonear, nin estaban as cousas para frivolidades ou desviar a atención do realmente importante.
Continuamos nunha situación sanitaria preocupante pero con todas as precaucións necesarias debemos retornar á normalidade, así que renovamos o contido e publicamos un novo boletín informativo sobre a actualidade de Portas e unha pequena entrevista á futura presidentA! de Galiza.
Ligazón: aquí.




Acto Público do BNG en Portas

O sábado ás 21:30 mitin do BNG en Portas no exterior da Casa da Cultura.
#AnaPresidenta

22 de xuño de 2020

Convocatoria asemblea de Portas

O venres 26 de xuño ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Eleccións Galegas 12 de xullo.
  • Boletín informativo.
  • Iniciativas municipais.
  • Andaina.
  • Asuntos varios.
Se o tempo o permite, faremos a asemblea no exterior para tomar máis precaucións. Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

A cheminea da Azucreira inundada e abandonada

Aquel faro que ía a situar a Portas no mapa, aquela atalaia que ía atraer miles de turistas, hoxe é un pozo de lixo inundado cada vez que chove e putrefacto ás portas do Centro de Día que durante dez anos tragou insaciablemente cartos públicos... e o que lle queda por tragar!
O Partido Popular destinou centos de miles de euros en pleno estalido da crise económica de 2008 para construír unha extravagancia, inútil e de mal gusto, e agora, apenas dez anos despois, os mesmos que defencía a súa utilidade deciden deixala abandonada, podrecento no esquecemento.
Nin unha soa explicación, nin unha soa proposta de reconducción, nin unha soa desculpa, nin un só aceno de arrepentimento. Que fácil é xogar cos cartos de todos!
E ao lado, a Escola Infantil e o Centro de Día, con humidades e pingueiras cada vez que chove sen poñerlle solución.

9 de xuño de 2020

Pleno Extraordinario

O luns 15 de xuño de 2020 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 236/2020. Sorteo de Mesas para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 12-07-2020.

8 de xuño de 2020

Convocatoria asemblea de Portas

O venres 12 de xuño ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Eleccións Galegas 12 de xullo.
  • Boletín informativo.
  • Iniciativas municipais.
  • Andaina.
  • Asuntos varios.
Se o tempo o permite, faremos a asemblea no exterior para tomar máis precaucións. Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

18 de abr. de 2020

Ata a vitoria, sempre!

Ata a vitoria, sempre!

Son tempos difíciles os que nos toca vivir, como nunca imaxinamos, pero estamos a vencer. A determinación e a coraxe que estamos a demostrar fainos invencibles. Son momentos como estes cando mellor se expresa a forza dun pobo. Son tempo como estes cando nos sentimos máis orgullosos da nosa xente e da nosa terra.
Grazas a todos os heroes anónimos que expoñéndose a un inimigo invisible están a dar o mellor de si mesmos para que todos teñamos un horizonte ao que mirar, grazas aos sanitarios, aos coidadores, grazas a eses invisibles, a eses últimos da fila que nos limpan, aos que producen os alimentos que comemos, grazas aos educadores nunca suficientemente recoñecidos, grazas a Protección Civil porque están cando se lles necesita e cando non, grazas aos traballadores municipais que dan por riba do esixible, grazas ao goberno municipal porque remamos na mesma dirección, grazas a ti que ficas na casa.
Queda moita dor por chegar, porque despois do bicho vén a crise económica que nos volverá a poñer a proba. Pero xa sabemos que xuntos somos invencibles. Agora é o momento de redobrar esforzos, de non relaxarnos e de manter as medidas de distanciamento social.
E cando todo isto pase, non esquezamos quen estivo cando se lle necesitaba, apoiemos o comercio local e a economía produtiva e de proximidade. Desta vez non deixemos ninguén atrás.
Ánimo! Xa se avista a vitoria e teremos moito que celebrar.


5 de mar. de 2020

Pleno Extraordinario

O martes 10 de marzo de 2020 ás 20:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 86/2020. Sorteo de Mesas para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 05-04-2020.

28 de xan. de 2020

Pleno Ordinario

O venres 31 de xaneiro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 18-10-2019.
  2. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 25-10-2019.
  3. Expediente 491/2019. Recuperación do terreo sobrante de vía pública no lugar de Moureira, parroquia de Portas.
  4. Expediente 558/2019. Convenio de colaboración para a prestación do servizo de saneamento aos lugares de Penalta, Valsordo e Ameal do Concello de Caldas de Reis.
  5. Expediente 586/2019. Orzamento 2020.
  6. Moción do grupo do Bloque Nacionalista Galego pola recuperación da fonte pública e lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachada e do seu entorno (Lantaño).
  7. Correspondencia oficial.
  8. Decretos da Alcaldía do 01-09-2019 ao 31-12-2019.
  9. Período medio de pago 4º trimestre de 2019.
  10. Documentación Plan Concellos 2020.
  11. Rogos e preguntas.

24 de xan. de 2020

Moción pola Recuperación da fonte pública e lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachadas e do seu entorno (Lantaño)

O abaixo asinante Arturo N. Fontán Pérez, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Portas, ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A fonte e lavadoiro da Regueira é de propiedade pública, sen embargo, atópase en estado de abandono, algo que non é novo pois xa en outubro de 1998 os veciños do lugar de Fontenla-Cachadas presentaron un escrito solicitándolle ao concello de Portas a conservación da fonte-lavadoiro e que non permitise o seu traslado de lugar.
Sen embargo, nada se fixo ata que o 18 de febreiro de 2008 a fonte-lavadoiro da Regueira foi derrubada por un veciño do lugar, coa intención de trasladala, sen licenza de obra nin por suposto título de propiedade pero co consentimento verbal do goberno municipal.
As protestas veciñais e a presión da oposición fixeron rectificar a regañadentes ao goberno municipal e finalmente a fonte-lavadoiro da Regueira foi reconstruída, sen embargo, a obra non se realizou correctamente e presenta innumerables erros construtivos que provocan a filtración da auga do manancial por numerosas fugas.
O grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas considera necesario actuar á maior brevidade posible para recuperar a fonte pública e lavadoiro da Regueira e o seu entorno que é un patrimonio público que debe ser respectado.
É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes
ACORDOS
  • delimitar os terreos públicos da fonte-lavadoiro da Regueira para garantir a súa conservación e acceso libre e público,
  • reparar a fonte-lavadoiro da Regueira eliminando as fugas do manancial e as filtracións dende o terreo inferior,
  • realizar unha campaña de analíticas da auga para garantir a calidade para o seu uso e consumo,
  • acometer a retirada dos recheos que impiden o desaugadoiro natural da fonte-lavadoiro e das augas de choiva polo regato da Regueira,
  • realizar un mantemento e limpeza periódico da fonte-lavadoiro e do seu entorno.

Portas, a 24 de xaneiro de 2020

Antes da intervención dos veciñ@s. 

Despois da intervención dos veciñ@s o 6 de outubro.

20 de xan. de 2020

Convocatoria da asemblea de Portas

O venres 24 de xaneiro ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Andaina.
  • Boletín informativo
  • Organización.
  • Asuntos varios.
Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.