O luns 22 de maio de 2017 ás 19:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello solicitado polo noso grupo municipal para tratar as consecuencias das condenas xudiciais contra o concello pola brutal agresión a unha traballadora social coa seguinte orde do día:
- Dar conta ao Pleno de todos os gastos aos que tivo que facer fronte o concello a data de celebración deste pleno extraordinario como consecuencia da agresión á traballadora.
- Notificar a Mónica Ferro Folgar o resultado real da votación do pleno de 23 de decembro de 2016.
- Adoptar accións legais para reclamar responsabilidades patrimoniais a Roberto Vázquez Souto como responsable da "inactividade ou pasividade" do concello en relación aos riscos aos que estivo sometida Mónica Ferro Folgar.