8 de abr. de 2025

Pleno Ordinario

O venres 11 de abril ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2025/1 de 31/01/2025.
  2. Expediente 272/2025. Convenio de colaboración da agrupación de concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas para a encomenda de xestión da prestación colaboradora dos servizos de emerxencia e protección civil.
  3. Expediente 274/2025. Modificación de Créditos 02/25 na modalidade de suplemento de crédito 01/25 financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais, destinado á amortización de débeda financeira.
  4. Proposta de resolución: Moción do BNG esixindo transparencia do goberno municipal e a entrega da documentación solicitada dende xullo de 2023.
  5. Proposta de resolución: Moción grupo socialista de Portas referente ao proxecto ALTRI.
  6. Moción do grupo municipal popular do Concello de Portas para propoñer que a antiga casa consistorial, actualmente en proceso de rehabilitación, leve o nome de "Concepción Pérez Iglesias", primeira alcaldesa de Galicia.
  7. Dación conta dos Decretos da Alcaldía do nº 2025-0025 de 28/01/2025 ao nº 2025-0120 de 07/04/2025.
  8. Dación conta da Liquidación do orzamento do exercicio 2024 e do Informe de avaliación da estabilidade orzamentaria, regra de gasto e límite de débeda.
  9. Rogos e preguntas.