IRREGULARIDADES NA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE REDE DE CAMIÑOS DA PARCELARIA DE ROMAI
Hoxe, 11 de outubro, o concello de Portas recibiu por
parte da Xefatura Territorial do Servizo de Infraestruturas Agrarias
comunicación (ver imaxe anexa) establecendo un novo prazo de exposición do
proxecto de rede de camiños da concentración parcelaria da parroquia de Romai,
tal como solicitara o BNG-Asembleas Abertas o venres pasado (7 de outubro) tras
denunciar graves irregularidades na documentación exposta.
O BNG-Asembleas Abertas felicítase pola rectificación da consellería de Medio Rural e a apertura dun novo período de exposición pública, sen embargo, ten que denunciar que a documentación da ligazón web á que remite o escrito segue sorprendentemente sen incluír os planos do proxecto a pesares de indicarse expresamente “engádense os planos do proxecto ausentes na publicación do 09/09/2016”.
Inmediatamente despois da recepción do comunicado da
Consellería o alcalde asinou un Bando (ver imaxe anexa) anunciando este novo
período de exposición pública pero con tal desleixo que nin sequera comprobou
que os erros que motivaron este novo período de exposición foran arranxados.
BNG-Asembleas Abertas
lamenta que o goberno municipal sega sen preocuparse o máis mínimo dun asunto
de tal transcendencia como unha parcelaria. Sen plenos ordinarios dende o 24 de
xuño, nin se decataron dos erros na documentación no primeiro período de
exposición nin agora. Mañá celebrarán por todo o alto a Festa da Terceira Idade.
Pan e circo.