21 de set. de 2020

Moción en demanda de información a respecto do accidente químico na empresa FORESA de 12/09/2020

O abaixo asinante Arturo N. Fontán Pérez, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Portas, ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno Municipal,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O sábado 12 de setembro de 2020 produciuse un accidente nas instalacións que a empresa FORESA ten na Av. Dona Urraca de Caldas de Reis, a pouca distancia do linde co concello de Portas.

A liberación de produtos químicos á atmosfera que tivo lugar durante o accidente tivo como consecuencia máis inmediata a exposición da poboación a estes produtos químicos, os cales provocaron intensos proídos en ollos e vías respiratorias, mareos, náuseas, e un fortísimo cheiro químico, que alcanzou ata os lugares máis afastados do concello.

A información oficial publicada ata o de agora é escasa e contraditoria, e segue a seguinte cronoloxía:

  1. Sábado 12/09/2020 ás 15:17h., Protección Civil de Portas publica a seguinte entrada na súa páxina de Facebook: “Segundo informes dos responsables de Seguridade de FORESA INFORMAN QUE: Parece ser q hubo una pequeña fuga de fenol, sin riesgo para las personas, sólo el olor y algo de picor, que se quedó en el ambiente, ya está solucionado, e irá desapareciendo poco a poco!”.
  2. Sábado 12/09/2020 ás 18:13h., Protección Civil de Portas publica outra entrada en Facebook co seguinte texto: “COMUNICADO DE F.O.R.E.S.A.""Debido a una avería en el sistema de refrigeración de agua se produce un producto no conforme (resina) fuera de especificaciones. Este se almacena en la balsa de emergencia de las instalaciones. A lo largo de la tarde el producto será retirado a través de gestores autorizados""”.
  3. Sábado 12/09/2020 ás 18:43h., o Concello de Portas comparte na súa páxina de Facebook a primeira entrada de PC de Portas arriba transcrita e na que se indicaba unha fuga de fenol.
  4. Luns 14/09/2020 ás 14:09h, o Concello de Portas publica en Facebook o seguinte: “Comunicado remitido pola empresa FORESA, en relacion aos feitos sucedidos o pasado sábado, 12 de setembro. "INFORME INCIDENTE FORESA – 12/09/2020 El sábado, 12/09/2020, sobre las 10 de la mañana, se produce una incidencia que provoca que uno de los productos, esté fuera de especificaciones, haciéndolo inservible para el mercado. Tal como establece el procedimiento interno para estos casos, este producto se trata como un residuo, siendo gestionado esa misma tarde, a través de transportistas autorizados para su gestión. Durante este trasiego, ha podido producirse algún vapor no tóxico, que en ningún caso genera un riesgo para los trabajadores, vecinos o medio ambiente. El suceso no se corresponde con ninguna de las hipótesis o escenarios de activación del Plan de Autoprotección ni del Plan de Emergencia Exterior de la Planta, al no verse involucrados productos tóxicos o inflamables. Desde el primero momento, Foresa mantiene comunicación con las autoridades pertinentes, para remitir información a partes interesadas."
  5. Luns 14/09/2020 ás 15:30h. o Concello de Caldas de Reis publica en Facebook o seguinte: “O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, mantivo está mañá unha reunión co director de Foresa para valorar a situación producida o pasado sábado nunha das liñas de produción da empresa. Segundo a información facilitada por Foresa, unha incidencia mecánica menor provocou que un dos produtos quedase inservible para o mercado. Dentro do procedemento interno para estes casos, o produto foi tratado como un residuo seguindo todos os procedementos e sendo xestionado esa mesma tarde por un transportista autorizado para a súa xestión. Durante o transporte puido terse producido o escape dalgún vapor non tóxico causante do cheiro. Este vapor en ningún caso xerou risco para os traballadores, para a veciñanza ou para o medio ambiente. Trátase dun suceso puntual e leve que non precisou da activación dos protocolos de autoprevención nin de emerxencia ao non verse involucrados produtos tóxicos nin inflamables. O Concello mantén dende a fin de semana unha comunicación continua coa dirección de Foresa, que en todo momento mostrou máxima transparencia, co obxecto de contar minuto a minuto con toda a información sobre a situación”.

Estas informacións publicadas son contraditorias a respecto do sucedido e non explican a realidade vivida polos veciños e veciñas, que unha semana despois de terse producido o accidente seguían sufrindo as consecuencias do referido accidente.

É por isto que presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno da Corporación municipal de Portas para a adopción dos seguintes:

ACORDOS

  • esixir información e transparencia á empresa FORESA e á Xunta de Galiza sobre o accidente producido o sábado 12 de setembro nas súas instalacións de Caldas de Reis,
  • esixir á empresa FORESA e á Xunta de Galiza a elaboración de cadanseu informe no que se detallen os produtos químicos que se emitiron á atmosfera como consecuencia deste accidente, as concentracións destes químicos ás que estivo exposta a poboación, a publicación das medicións realizadas, as consecuencias para a saúde que provoca (ou pode provocar) a exposición a estes produtos químicos,
  • esixir á Xunta de Galiza un informe sobre as chamadas recibidas polo 112 en relación a este accidente,
  • esixir á Xunta de Galiza e á empresa FORESA un informe que detalle o protocolo de actuación seguido durante o accidente, así como tamén que se explique o motivo polo que non se activou o Plan de Emerxencia Exterior de FORESA.

 

Portas, a 21 de setembro de 2020