O mércores 10 de xuño de 2015 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Punto único. Aprobación acta sesión anterior.
Aplaudimos que por fin, despois de 23 anos de negativa por parte de Roberto Vázquez e o PP, se celebre un pleno a unha hora razoable para que poidan acudir os veciños e veciñas interesados. Lástima que o contido do pleno sexa intrascendental.