O venres 31 de xaneiro de 2020 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria do 18-10-2019.
- Aprobación da acta da sesión ordinaria do 25-10-2019.
- Expediente 491/2019. Recuperación do terreo sobrante de vía pública no lugar de Moureira, parroquia de Portas.
- Expediente 558/2019. Convenio de colaboración para a prestación do servizo de saneamento aos lugares de Penalta, Valsordo e Ameal do Concello de Caldas de Reis.
- Expediente 586/2019. Orzamento 2020.
- Moción do grupo do Bloque Nacionalista Galego pola recuperación da fonte pública e lavadoiro da Regueira en Fontenla-Cachada e do seu entorno (Lantaño).
- Correspondencia oficial.
- Decretos da Alcaldía do 01-09-2019 ao 31-12-2019.
- Período medio de pago 4º trimestre de 2019.
- Documentación Plan Concellos 2020.
- Rogos e preguntas.