O venres 29 de xaneiro de 2021 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior extraordinaria de 27-11-2020.
- Expediente 86/2018. Aprobación provisional Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- Expediente 661/2020. Ratificación da Resolución de Alcaldía de adhesión o Convenio entre a Xunta de Galicia e FEGAMP para a tramitación dos procedementos sancionadores en relación co incumprimento das medidas de prevención para a loita contra o COVID-19.
- Expediente 42/2021. Modificación da periodicidade das sesións dos órganos colexiados.
- Dación de contas Decretos de Alcaldía dende 27-10-2020 o 26-01-2021.
- Rogos e preguntas.