O venres 26 de marzo de 2021 ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión anterior ordinaria nº1 de data 29-01-2021.
- Expediente 80/2021. Convenio de colaboración Deputación de Pontevedra e Portas para prestación do servizo de retirada de vehículos ao final da súa vida útil ou fóra de servizo.
- Expediente 154/2021. Elaboración e Aprobación do Orzamento 2021.
- Expediente 165/2021. Ratificación da aprobación do II Plan de Igualdade do Concello de Portas.
- Dación de contas Decretos de Alcaldía dende 26-01-2021 ao 23-03-2021.
- Período Medio de Pago 4º Trimestre 2021.
- Rogos e preguntas.