O venres 24 de maio de 2015 ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación acta sesión anterior.
- Coñecemento resolucións alcaldía.
- Expediente número 1. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
- Formación mesas electorais. Sorteo eleccións locais 2015.
- Rogos e preguntas.
Un mes despois de aprobar os orzamentos de 2015, preténdese aprobar un novo recoñecemento extraxudicial de créditos despois do xa aprobado o 29 de agosto de 2014. Falta de rigor e desprezo pola democracia.
Unha definición curta e simple de "recoñecemento extraducial de crédito" é "o mecanismo legal para pagar facturas polas que se contraíron obrigas sen consignación orzamentaria", ou en linguaxe máis común: "mecanismo para pagar facturas no caixón de cousas ou servizos que o alcalde mandou comprar pero sen ter os cartos para pagalas".
Como é habitual, se alguén quere trasladarlle ao Pleno algún rogo ou pregunta, estamos á vosa enteira disposición.