O mércores 29 de outubro ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2025/5 de 04/08/2025.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria PLN/2025/6 de 15/09/2025.
- Expediente 640/2025. Modificación de créditos 11/25 na modalidade de transferencia de crédito 01/25 entre aplicacións pertencentes a distintas áreas de gasto.
- Expediente 639/2025. Proxecto de "Melloras e modernización de infraestruturas no Camiño de Fondo en Porta do Conde-Portas".
- Expediente 641/2025. Proxecto de "Modernización, Eficiencia e Dixitalización do Ciclo Integral da Auga no Concello de Portas (Pontevedra)".
- Dación conta dos Decretos de Alcaldía do nº 2025-0252 de 29/07/2025 ao nº 2025-0361 de 23/10/2025.
- Rogos e preguntas.

