16 de xul. de 2024

Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 19 de xullo ás 21:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2024/1 do 26/04/2024.
  2. Expediente 396/2024. Solicitude de préstamo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes "Rehabilitación do edificio da Escola de música de Portas".
  3. Expediente 412/2024. Modificación de crédito 07/24 na modalidade de CRÉDITO EXTRAORDINARIO 01/24 financiado con REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS.
  4. Expediente 427/2024. Operación de crédito a longo prazo para adquisición parcela na Azucreira.
  5. Expediente 186/2024. Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Portas, para a Reforma da edificación destinada a Escola de música no Concello.