30 de xuño de 2020

Boletín informativo xuño 2020

Xusto antes do estado de alarma de marzo tiñamos listo un boletín informativo para repartir polas casas de Portas. Foi entón que a situación sanitaria se tornou absolutamente prioritaria e decidimos non publicalo. Nin se podía buzonear, nin estaban as cousas para frivolidades ou desviar a atención do realmente importante.
Continuamos nunha situación sanitaria preocupante pero con todas as precaucións necesarias debemos retornar á normalidade, así que renovamos o contido e publicamos un novo boletín informativo sobre a actualidade de Portas e unha pequena entrevista á futura presidentA! de Galiza.
Ligazón: aquí.




Acto Público do BNG en Portas

O sábado ás 21:30 mitin do BNG en Portas no exterior da Casa da Cultura.
#AnaPresidenta

22 de xuño de 2020

Convocatoria asemblea de Portas

O venres 26 de xuño ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Eleccións Galegas 12 de xullo.
  • Boletín informativo.
  • Iniciativas municipais.
  • Andaina.
  • Asuntos varios.
Se o tempo o permite, faremos a asemblea no exterior para tomar máis precaucións. Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

A cheminea da Azucreira inundada e abandonada

Aquel faro que ía a situar a Portas no mapa, aquela atalaia que ía atraer miles de turistas, hoxe é un pozo de lixo inundado cada vez que chove e putrefacto ás portas do Centro de Día que durante dez anos tragou insaciablemente cartos públicos... e o que lle queda por tragar!
O Partido Popular destinou centos de miles de euros en pleno estalido da crise económica de 2008 para construír unha extravagancia, inútil e de mal gusto, e agora, apenas dez anos despois, os mesmos que defencía a súa utilidade deciden deixala abandonada, podrecento no esquecemento.
Nin unha soa explicación, nin unha soa proposta de reconducción, nin unha soa desculpa, nin un só aceno de arrepentimento. Que fácil é xogar cos cartos de todos!
E ao lado, a Escola Infantil e o Centro de Día, con humidades e pingueiras cada vez que chove sen poñerlle solución.

9 de xuño de 2020

Pleno Extraordinario

O luns 15 de xuño de 2020 ás 20:30 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 236/2020. Sorteo de Mesas para as Eleccións ao Parlamento de Galicia do 12-07-2020.

8 de xuño de 2020

Convocatoria asemblea de Portas

O venres 12 de xuño ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Eleccións Galegas 12 de xullo.
  • Boletín informativo.
  • Iniciativas municipais.
  • Andaina.
  • Asuntos varios.
Se o tempo o permite, faremos a asemblea no exterior para tomar máis precaucións. Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.