O venres 21 de maio ás 21:00 h. celebrarase unha reunión da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Expediente 354/2021. Aprobación da acta da sesión anterior de data 22-03-2021.
- Expediente 303/2021. Conta xeral 2020.
- Rogos e preguntas.
No informe de Intervención faise constar algunhas das deficiencias que o BNG leva 30 anos denunciando:
ANALISIS DAS PRINCIPAIS ANOMALÍAS DETECTADAS NOS CIRCUÍTOS DE SUMINISRO
DE INFORMACI ÓN DA CONTA XERAL
- Limitacións á determinación da imaxe fiel : Inexistencia de inventario de bens, rexistro de convenios, Relación de Postos de Traballo etc.
- Subvencións: In existencia de Ordenanza de Subvencións, Plan Estratéxico, rexistro de convenios, etc.
- Contratación administrativa: Inexistencia de Plan anual de contratacións, debilidades en circuítos de gasto.
- Ingresos : Inexistencia Plan de Tesourería.