22 de xuño de 2020

Convocatoria asemblea de Portas

O venres 26 de xuño ás 21:30 h. celebrarase unha asemblea no Centro Cultural de Romai. Asuntos a tratar:

  • Eleccións Galegas 12 de xullo.
  • Boletín informativo.
  • Iniciativas municipais.
  • Andaina.
  • Asuntos varios.
Se o tempo o permite, faremos a asemblea no exterior para tomar máis precaucións. Como sempre están convidad@s tod@s @s simpatizantes e amig@s.

A cheminea da Azucreira inundada e abandonada

Aquel faro que ía a situar a Portas no mapa, aquela atalaia que ía atraer miles de turistas, hoxe é un pozo de lixo inundado cada vez que chove e putrefacto ás portas do Centro de Día que durante dez anos tragou insaciablemente cartos públicos... e o que lle queda por tragar!
O Partido Popular destinou centos de miles de euros en pleno estalido da crise económica de 2008 para construír unha extravagancia, inútil e de mal gusto, e agora, apenas dez anos despois, os mesmos que defencía a súa utilidade deciden deixala abandonada, podrecento no esquecemento.
Nin unha soa explicación, nin unha soa proposta de reconducción, nin unha soa desculpa, nin un só aceno de arrepentimento. Que fácil é xogar cos cartos de todos!
E ao lado, a Escola Infantil e o Centro de Día, con humidades e pingueiras cada vez que chove sen poñerlle solución.