Máis dun ano despois de rematada a depuradora de Romai (construída cun convenio do anterior goberno galego) e 6 meses despois de poñerse en funcionamento, aínda non ten subministro eléctrico e ten que abastecerse dun xerador que consume máis de 4000 euros mensuais de gasoil.
A depuradora da servizo á traída municipal das parroquias de Lantaño, Portas e Romai.
|
2011_0327 - Á dereita da foto pódese apreciar que xa está construída dende hai meses a acometida eléctrica co transformador, pero a pesares de todo, a depuradora segue a subministrarse dun xerador de gasoil. |
|
2011_0327 - O grupo electróxeno encima dun charco. O cable branco vai a unha pica que fai as veces de toma de terra. |
|
2011_0327 - Pode apreciarse que a foto corresponde coa data que se indica pola cantidade de polen amarelo dos pinos. |
|
2011_0327 - Pode apreciarse que o grupo electróxeno fai moitos meses que non se move do sitio. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario