Está prohibido pegar carteis nas marquesinas e nos colectores do lixo, pero como se pode observar nas
fotografías esta prohibición non está sendo respectada polo Partido Popular, co agravante de usar cola para pegalos.
|
Marquesina na Ponte (Romai) en fronte da casa do candidato do PP e na entrada do parque biosaudable. |
|
Marquesina na praza de Xagobe (Romai). |
|
Marquesina en Avioso (Romai). |
|
Marquesina na Costa (Romai). |
|
Carteis do PP pegados con cola nas portas do pavillón de Portas. Os do PSOE están pegados con cinta adhesiva. |
|
Marquesina no Outeiriño (Briallos). |
O alcalde ordeou que non se podía pegar publicidade electoral no mobiliario municipal (ver
web do concello):
"En sesión plenaria celebrada ó dia 29 de Abril do 2011, acordouse por unanimidade de todalas forzas politicas que teñen representación, o seguinte:
Compromiso de todo/as de non pegar ningun cartel publicitario de ningún partido politico, nas marquesinas utilizadas para resgarda rde cando se espera polo bús e tamén nos contedores do lixo por ser unha imaxe sucia no concello, asimesmo o concello facilitarán unhs taboleiros, postos para a ocasión distribuidos por parroquias, e postos estratexicamente para tal fin".
Esta información da web do concello non é certa pois no pleno de 29 de abril non se tomou tal acordo. O que si sucedeu nese pleno foi que o alcalde no punto de "informe da presidencia" prohibiu pegar carteis electorais nas marquesinas e nos colectores. Nese punto da orde do día non se tomaron acordos porque non se pode someter a votación o "informe da presidencia". Sen embargo, todos os grupos políticos expresamos a conveniencia da medida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario