O grupo municipal do BNg ven de presentar unha moción no rexistro do concello de Portas sobre a xestión e administración da web e a páxina de Facebook do concello de Portas.
O
grupo municipal do BNG considera que as novas tecnoloxías proporcionan
ferramentas moi útiles para transmitir información, facilitando a comunicación
cos veciños e veciñas de Portas e simplificando as xestións municipais. Entre
estas ferramentas atópanse a internet e as redes sociais, sen embargo, o uso
que destas ferramentas fai o concello é escaso ou case nulo, a pesares de dispor
de páxina web (www.portas.es) e de páxina de Facebook (www.facebook.com/ConcellodePortas).
Tamén
en numerosas ocasións o grupo municipal do BNG preguntou nos plenos ordinarios
da corporación (no punto da orde do día de “rogos e preguntas”) que persoa ou
persoas administraban estes sitios webs, non obtendo contestación por parte do
grupo de goberno en ningunha ocasión.
Así
mesmo, o grupo municipal do BNG observa con incredulidade que no “muro” da
páxina de Facebook do Concello de Portas se “filtran” e borran entradas ou
comentarios de forma selectiva facendo un uso partidista dos recursos propios
do concello de Portas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario