8 de nov. de 2025

28 de out. de 2025

Convocatoria Comisión Especial de Contas

O venres 31 de outubro ás 9:00 h. celebrarase unha reunión ordinaria da Comisión Especial de Contas na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión anterior CEC/2025/3 do 01/08/2025.
  2. Expediente 640/2025. Modificación de créditos 11/25 na modalidade de Transferencia de crédito 01/25.
  3. Rogos e preguntas.


Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O mércores 29 de outubro ás 20:30 h. celebrarase unha reunión extraordinaria urxente da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Ratificación da urxencia da sesión.
  2. Expediente 639/2025. Proxecto de "Melloras e modernización de infraestruturas no Camiño de Fondo en Porta do Conde-Portas".
  3. Expediente 621/2025. Proxecto de "Modernización, Eficiencia e Dixitalización do Ciclo Integral da Auga no Concello de Portas (Pontevedra)".




24 de out. de 2025

Pleno Ordinario

O mércores 29 de outubro ás 21:00 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior PLN/2025/5 de 04/08/2025.
  2. Aprobación da acta da sesión extraordinaria PLN/2025/6 de 15/09/2025.
  3. Expediente 640/2025. Modificación de créditos 11/25 na modalidade de transferencia de crédito 01/25 entre aplicacións pertencentes a distintas áreas de gasto.
  4. Expediente 639/2025. Proxecto de "Melloras e modernización de infraestruturas no Camiño de Fondo en Porta do Conde-Portas".
  5. Expediente 641/2025. Proxecto de "Modernización, Eficiencia e Dixitalización do Ciclo Integral da Auga no Concello de Portas (Pontevedra)".
  6. Dación conta dos Decretos de Alcaldía do nº 2025-0252 de 29/07/2025 ao nº 2025-0361 de 23/10/2025.
  7. Rogos e preguntas.


11 de set. de 2025

Pleno Extraordinario

O lunes 15 de setembro ás 9:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Expediente 473/2025. Conta Xeral do exercicio 2024.
  2. Expediente 516/2025. Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Portas para a execución do proxecto "Ensanche e acondicionamento da Estrada EP 8101 Portas- Romai, dende o P.Q. 0+000 ao 3+350 (Concello de Portas)".
  3. Declaración institucional do Concello de Portas en apoio das alegacións presentadas polos veciños e veciñas de Portas fronte ao proxecto da "Carretera N-640. Variante Oeste de Caldas de Reis e acceso ao porto de Vilagarcía de Arousa".
  4. Expediente 491/2025. Dación conta do informe resumo dos resultados do exercicio do control interno no ano 2024 - RICEL.
  5. Expediente 492/2025. Dación conta do informe anual das resolucións contrarias aos reparos formulados no exercicio 2024.


10 de set. de 2025

Convocatoria da Comisión de Urbanismo, Obras, Servizos, Vivenda, Solo e Medio Ambiente

O venres 12 de setembro ás 9:00 h. celebrarase unha reunión extraordinaria da Comisión de Urbanismo (...) na Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria anterior CIUOSVSMA/2025/3 de 28/07/2025.
  2. Expediente 516/2025. Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Portas para a execución do proxecto "Ensanche e acondicionamento da Estrada EP-8101 Portas-Romai, dende o P.Q. 0+000 ao 3+350 (Concello de Portas)".


19 de ago. de 2025

Alegacións do BNG de Portas ao Estudo Informativo "Estrada N-640. Variante Oeste de Caldas de Reis e acceso ao porto de Vilagarcía de Arousa"


A continuación presentamos un modelo de alegacións en contra das alternativas S-1, CS-2, C-3a e C-3b. O que precise modificar ou particularizar o escrito de alegacións pode usar o arquivo .docx:
Modelo de alegacións (formato .docx) (para uso persoal e sen ánimo de lucro)
Modelo de alegacións (formato .pdf) (para uso persoal e sen ánimo de lucro)

As alegacións poden presentarse en:
  • No rexistro do concello de Portas (ou calquera outro concello)
  • Nas oficinas de Correos
  • Calquera rexistro de administracións públicas (autonómica ou estatal)
  • Rexistro electrónico xeral (https://reg.redsara.es/) pulsando en "Novo rexistro" (precisa certificado dixital ou Cl@ve)