O luns 28 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno extraordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación orzamento municipal 2008.
25 de abr. de 2008
Pleno Extraordinario
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
23 de abr. de 2008
Pregunta Parlamentaria sobre o Futuro da Estación Ferroviaria de Portas
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
22 de abr. de 2008
Pleno Ordinario
O venres 25 de abril ás 14:50 h. celebrarase un pleno ordinario na casa do Concello coa seguinte orde do día:
1. Aprobación acta sesión anterior.
2. Moción do Grupo BNG sobre "Programa de Dixitalización do Concello".
3. Moción do Grupo BNG sobre "Recuperación da Fonte Pública e Lavadoiro da Regueira en Fontenla".
4. Moción do Grupo BNG sobre "Estado de Conservación do Colexio Público Domingo Fontán".
5. Moción do Grupo BNG sobre "Estado de Abandono da Finca da Azucreira".
6. Coñecemento das resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
16 de abr. de 2008
O servizo municipal de recollida de lixo está a usar a finca da Azucreira como vertedoiro ilegal
O abandono da finca é practicamente absoluto. Se ata agora as obras incompletas, o escombro e a maleza se extendían incontroladamente por todas as partes, dende hai unhas semanas hai que engadir un vertedoiro ilegal creado polos propios servizos municipais, sen que o goberno municipal do Partido Popular lle poña freo e tome medidas.
Son varias as obras en execución na finca, comezadas hai anos e sen horizonte de finalización, que carecen de balizamento e sinalización, supoñendo un risco para os cativos que xogan nas instalacións próximas.
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego reclama ao Goberno Municipal de Portas que poña fin ao deterioro da finca da Azucreira. O BNG esixe a retirada inmediata dos verquidos de lixo, o valado e sinalización das zonas en obras e o mantemento axeitado das zonas axardinadas.
Publicado por BNG Portas ás 19:24 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa
13 de abr. de 2008
Cea-Xuntanza de homenaxe a Pepe Abalo
O venres 11 de abril de 2008 celebrouse no Restaurante Sete Arcos de Godos una cea-xuntanza coa presenza de máis de 80 amigos e simpatizantes do Bloque de Portas para homenaxear a Pepe Abalo polo seu compromiso co Concello de Portas e os seus veciños e veciñas.
en que resulta mellor
cando se coñece. A boa xente
invita a mellorala, porque
que é o que a un o fai sensato? Escoitar
e que lle digan algo.
Pero, ao mesmo tempo,
melloran ao que os mira e a quen
mira. Non só porque nos axudan
a buscar comida e claridade, senón, ainda máis,
sonnos útiles porque sabemos
que viven e transforman o mundo.
Cando se acude a eles, sempre se lles encontra.
Acórdanse da cara que tiñamos
cando os vimos por última vez.
Por moito que cambiaran
-pois eles son os que máis cambian-
resultan ainda máis recoñecibles.
Son coma unha casa que axudamos a construír.
Non nos obrigan a vivir nela,
e en ocasións non nolo permiten.
Por pouco que sexamos, sempre podemos ir a eles, pero
temos que escoller o que levemos.
Saben explicar o porqué dos seus agasallos,
e se despois os ven arrinconados, rinse.
E responden ata nesto: en que,
se nos abandonamos,
abandonámolos a eles.
Cometen erros e rimos,
pois se poñen unha pedra no lugar equivocado,
vemos, ao mirala,
o lugar verdadeiro.
O noso interese gañan cada día, o mesmo
que gañan o seu pan de cada día.
Interésanse por algo
que está fóra deles.
A boa xente preocúpanos.
Parece que non poden realizar nada sos,
propoñen solucións que esixen ainda tarefas.
En momentos difíciles de barcos naufragando
de pronto descubrimos fixa en nós a súa mirada intensa.
Ainda que tal como somos non lles gustamos,
están de acordo, sen embargo, con nós.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
12 de abr. de 2008
Estado de Conservación do Colexio Público "Domingo Fontán" de Portas
- no patio cuberto de primaria, onde os ferros están oxidados e picados, e a cubricción de uralita traslúcida está a desfacerse,
- os campos asfaltados teñen o piso levantado polas raíces das árbores, con pedras visibles á vista e incluso hai buratos debaixo da canastra,
- o valado de peche do recinto escolar está nun estado ruinoso nalgunhas partes,
a entrada do colexio está nun estado lamentabel con pedras, socabóns e fochancas, - a instalación eléctrica na parte máis antiga do colexio está a dar problemas.
Ademáis, tamén hai que ter en conta que:
- non se rematou de pintar a parte máis antiga do colexio,
- non se sustituiron as portas das aulas do edificio antigo,
- os patios cubertos aláganse cando chove,
- nos campos de xogo non asfaltados as tapas non teñen unha protección axeitada.
Por outra banda, os horarios actualmente establecidos de entrada no centro escolar e das comidas son totalmente inadecuados. Os cativos comezan as clases ás 9:45 h imposibilitando a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e provocando situacións de perigo cando menores de idade quedan desatendidos na casa ou ao coidado dos irmáns maiores. Ademáis, o segundo turno de comida comeza ás 15:05 h, polo que os alumnos de Secundaria só teñen 25 minutos para xantar antes de coller o autobús de volta para as súas casas.
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego considera que o colexio público é unha das institucións máis importantes do Concello de Portas. A educación pública de calidade é un dereito dos nosos nenos e nenas, sen ter que renunciar á conciliación da vida familiar e laboral dos pais. O BNG esixe que se cumpra o acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fregamp para o desenvolvemento do pacto local asinado en maio de 2007.
- Apoiar a petición dos pais de alumnos e do Consello Escolar para adiantar o horario de entrada dos alumnos no centro escolar para unha mellor conciliación da vida familiar e laboral.
- Instar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a realización urxente das obras necesarias no colexio público “Domingo Fontán” para garantir a seguridade dos usuarios e unha adecuada conservación das instalacións.
- Asumir as obrigas que o Concello de Portas ten co colexio “Domingo Fontán”, en base ao acordo asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a FREGAMP.
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Notas de prensa