O venres 30 de outubro de 2015 ás 19:30 h. celebrarase un pleno ordinario na Casa do Concello coa seguinte orde do día:
- Aprobación acta sesión anterior.
- Coñecemento da composición da Comisión Informativa de asuntos a tratar polo pleno.
- Informes da Presidencia.
- Coñecemento resolucións da Alcaldía.
- Rogos e preguntas.
Non se convocou a "Comisión Informativa de asuntos a tratar polo pleno", polo que o pleno está completamente baleiro de contido. Os asuntos que se traen a pleno foron decididos única e exclusivamente pola Alcaldía, en contra dos seus propios compromisos. Nin se incluíron na orde do día as mocións presentandas polo BNG-Asembleas Abertas, nin se cumpren os acordos do pleno ordinario de agosto.
O "diálogo" do que presume o Alcalde, na realidade redúcese a facer o que el decide en MINORÍA sen consultarllo a ninguén. A proba máis clara é que neste pleno ordinario o único que se vai a poder votar é a aprobación da acta da sesión anterior, o resto son puntos informativos ou de preguntas pero nos que non se vota nada.