Hoxe presentamos no rexistro do concello esta moción:
29 de nov. de 2017
Moción en defensa dos Cruceiros do Casal e Outeiriño
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
9 de nov. de 2017
Pleno Extraordinario
O venres 24 de novembro de 2017 ás 19:00 h. celebrarase un pleno extraordinario na Casa do Concello solicitado polo noso grupo municipal coa seguinte orde do día:
- Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Publicado por BNG Portas ás 15:00 0 comentarios
Etiquetas: Citas
6 de nov. de 2017
Solicitude de pleno extraordinario - Plan Xeral de Ordenación Municipal
Hoxe rexistramos na casa do concello unha solicitude de pleno extraordinario para tratar de forma monográfica sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM):
- Manter unha reunión informativa entre o Pleno municipal e o equipo redactor para que este explique os cambios introducidos no PXOM con posterioridade á aprobación inicial.
- Iniciar un proceso de exposición pública do PXOM para divulgar entre a veciñanza a situación actual e o estado de tramitación do PXOM.
- Abrir un debate sobre as necesidades e obxectivos a satisfacer polo PXOM, con reunións veciñais e reunións sectoriais coas distintas organizacións e asociacións do concello, con apoio de técnicos independentes.
- Abrir un novo trámite de información pública do PXOM con anterioridade á aprobación provisional.
Por que o PP se presentou ás eleccións municipais tendo como eixo vertebrador do seu discurso consensuar o PXOM, e dous anos e medio despois pretenden aprobar o PXOM que lles deixou Roberto Vázquez sen cambiar unha coma, mentindo e negando calquera información aos veciños e veciñas de Portas?
Publicado por BNG Portas ás 09:00 0 comentarios
Etiquetas: Comunicados
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)